Galicia

Bertamiráns acolle a celebración da II Festa do Apego con actividades infantís para promover a transmisión do galego

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a celebración da II Festa do Apego, organizada polo Concello de Ames. O evento incluíu danza, música, teatro e xogos dirixidos a familias con fillas e fillos de ata seis anos. O obxectivo destas actividades é promover a transmisión do galego como lingua inicial e contribuír á socialización neste idioma.

Fonte: El Correo Gallego

Entréganse os premios do Concurso de microrrelatos que convocan a RAG e PuntoGal para reforzar a presenza do galego na rede

A Real Academia Galega e PuntoGal entregaron os premios do IV Concurso de microrrelatos, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a presenza da lingua galega en internet. Os nove contos gañadores, pertencentes a tres categorías (infantil, xuvenil e adultos), poden lerse nunha publicación dixital.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta renova a súa colaboración coa Universidade de Oxford para promover a lingua e a cultura galegas

A Xunta destinará un investimento de arredor de 65 000 euros á promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas na Universidade de Oxford ata 2024 a través da docencia e a investigación, así como de cursos, conferencias ou outro tipo de eventos.

Fonte: Crónicas de la Emigración

A Fundación Cela remata o ciclo 'Mazurca para dous poetas' que visibiliza os novos talentos

A Xunta de Galicia visibiliza o talento dos autores mozos a través do ciclo "Mazurca para dous poetas", un programa de cultura e lecer que se celebra na Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García subliña a importancia do Camiño de Santiago no fomento da lingua galega, con motivo da presentación dunha guía sobre o itinerario portugués

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque na presentación da obra Un galego no Camiño Portugués, un traballo de Xosé Benito Reza que recolle as andainas dun galego que decide facer o Camiño de Santiago desde Lisboa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Investigadores da Universidade de Santiago participan nun proxecto sobre a repartición de falantes nun territorio bilingüe

Os profesores da Universidade de Santiago Jorge Mira e Alberto Pérez Muñuzuri e a investigadora Mariamo Mussa participan nun proxecto no que explican que o mecanismo de Turing, responsable da formación de patróns na natureza, tamén pode explicar como se reparten dúas linguas coexistentes nun mesmo territorio. Esta investigación, na que reproducen os casos de Galicia e a rexión de Carintia, acaba de publicarse na revista Physical Review Research.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Concello de Santiago presenta un programa de voluntariado lingüístico

O Concello de Santiago abriu o prazo de inscrición para participar no programa "ELOS. Aquilo que une", unha iniciativa de intercambio lingüístico entre persoas que desexen aprender galego e persoas voluntarias que queiran colaborar con elas.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A Xunta colabora na aposta pola música en galego da Fundación SGAE co ciclo de concertos 'Acento'

A música galega e en galego é a protagonista do ciclo Acento, que a Fundación SGAE desenvolveu en Santiago o 20 e 21 de xuño coas actuacións de Pauliña, Tanxugueiras e Grande Amore. A Xunta de Galicia apoia economicamente a primeira edición deste encontro, que reivindica o uso do galego como lingua de expresión artística, ao tempo que conmemora o Día Europeo da Música.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Cabanas pon en marcha o seu Servizo de Normalización Lingüística

Xa está activo o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cabanas que realizará labores de asesoramento interno e externo sobre o uso do galego, así como tarefas de dinamización lingüística.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta anima os Grupos de Desenvolvemento Rural a adherirse á Rede de Dinamización Lingüística polo seu papel dinamizador do territorio

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro telemático con representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para a súa inclusión na Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder