Galicia

Valentín García acompaña a Pilar Falcón na presentación da obra ‘Un Camiño de cine Xacobeo’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Un Camiño de cine Xacobeo, na que a xornalista galega Pilar Falcón recompila máis de medio cento de pezas audiovisuais que xiran arredor do Camiño de Santiago e do Ano Santo compostelán, desde 1950 ata a actualidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Entréganse en Fene os Premios Rosalía de Castro nun acto no que se destacou o compromiso co galego dos galardoados

Os Premios Rosalía de Castro, que convoca a Deputación da Coruña, foron na edición deste ano para Xaquín Marín, Agrupación Astronómica Ío e Twitter en Galego, dos que se destacou o seu compromiso coa lingua galega.

Fonte: Deputación da Coruña

A CTNL organiza o curso Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística

O curso Ferramentas da educación social ao servizo da normalización lingüística, organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, desenvolverase en Santiago de Compostela os días 27 de setembro e 4 de outubro e será impartido por Ana González Quinteiro.

Fonte: CTNL

A Real Academia Galega acolle unha escola de verán de alumnado de Kiel para traducir a Pardo Bazán

A Real Academia Galega acolleu unha escola de verán de tradución de alumnos e alumnas da Universidade de Kiel centrada na obra de Emilia Pardo Bazán. O programa, organizado polo profesor da institución alemá Javier Gómez Montero, permitiulles afondar na obra da autora e coñecer a súa casa-museo e o conxunto do patrimonio cultural que custodia a RAG.

Fonte: Real Academia Galega

O grupo Novos Medios deseñará un proxecto dixital sobre o neofalantismo do galego

A USC e a Xunta colaborarán nun proxecto sobre o neofalantismo. A proposta inicial inclúe a elaboración dun portal e o aproveitamento de aplicacións sociais para implicar a colectivos que optaron por incorporar a lingua galega nas súas interaccións cotiás.

Fonte: USC

Andrea Castaño Rodríguez gaña o XV Premio de Relato Curto que convoca Alumni USC

Ser de Andrea Castaño Rodríguez recibiu o Premio de Relato Curto outorgado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni). O galardón está dotado con 500 euros grazas ao patrocinio do hospital HM Rosaleda.

Fonte: USC

Unha tese de doutoramento defende os beneficios da alfabetización en lingua galega

Unha tese de doutoramento presentada pola xa doutora Marta Díaz na Universidade de Vigo defende os beneficios da escolarización en galego e conclúe que a educación infantil é primordial para o futuro do idioma.

Fonte: DUVI

Alberto Lema gaña o XXXIII Premio Manuel García Barros de Novela

O escritor Alberto Lema Suárez recibiu o XXXIII Premio Manuel García Ramos de Novela outorgado polo Concello da Estrada pola súa novela Pazo de Inverno. A contía do premio ascende a 9000 euros.

Fonte: Cultura galega

Unha publicación da RAG recolle a orixe e significado dos nomes dos 93 concellos da Coruña

O académico correspondente Gonzalo Navaza recolleu a orixe e o significado dos nomes dos 93 concellos da provincia da Coruña nunha nova publicación da Real Academia Galega xa dispoñible en versión dixital na sección de publicacións desta páxina web.

Fonte: RAG

Critican a ausencia do uso do galego nas redes sociais de Turismo Rías Baixas

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o uso exclusivo do castelán nas redes sociais de Turismo Rías Baixas, servizo que depende da Deputación de Pontevedra.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder