Galicia
A Colección ‘Textos e Estudos’ reforza a presenza cultural de Galicia no estranxeiro desde a rede de lectorados da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a Colección Textos e Estudos que o Centro de Estudos Galegos (CEG) do Algarve inaugurou no 2017 co primeiro dos catro tomos que forman a serie.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación convoca a cuarta edición do Premio Xela Arias
Este galardón, que convoca a AGPTI, ten como obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúen ao fomento do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García acompaña a Inma Vilariño na presentación de 'O Naranxo de Trasmundo'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou á xornalista lalinense Inma Vilariño na presentación compostelá da súa ópera prima, O Naranxo no Trasmudo, que sae do prelo de Edicións Fervenza, coa colaboración da Xunta de Galicia, entre outras entidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘O soño musical dos corpos celestes’ funde arte e ciencia arredor do Camiño co apoio da Xunta
O proxecto científico-artístico O soño musical dos corpos celestes, impulsado polo ArtLab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) estréase o vindeiro 7 de setembro no compostelán colexio de Fonseca co apoio da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Concello de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística recibe o XII Premio de Sanxenxo na Historia
O premio que se entrega cada ano nas Xornadas de Sanxenxo na Historia foi nesta edición para Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, pola súa implicación coa cultura local.
Fonte: Pontevedra Viva
Valentín García refírese a Pilar Pereira como unha das imprescindibles para a normalización lingüística desde o sector audiovisual e o teatro
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nunha das primeiras actividades do Festival de Cans coa inauguración da rúa efémera de Pilar Pereira, de quen destacou que foi “unha das imprescindibles no proceso de normalización lingüística desde o sector audiovisual e desde o teatro”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A música en lingua galega chega ao Festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 co apoio da Xunta

A Xunta de Galicia impulsa o ciclo Novas Músicas en Galego que se enmarca no Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22, o festival que se celebra desde mediados de xullo no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, e que acolle o venres 3 de setembro as actuacións en galego de Mounqup e Saya DJ.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Carballo publica as bases para a cobertura dunha praza de técnico/a de normalización lingüística
O Concello de Carballo publica as bases da convocatoria para a provisión como funcionario de carreira dunha praza de técnico/a de normalización lingüística mediante o sistema de concurso-oposición.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta impulsa un encontro de artistas, arquitectos, científicos e escritores en Fisterra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Pazo de San Roque Des-enfocar Fisterra, unha iniciativa de Cooperativa Performa impulsada polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 en colaboración co Concello de Fisterra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase a segunda edición do Certame de Relato Curto en Igualdade para obras de ata 3000 caracteres escritas en galego
O Concello de Moaña e a Lonxa Literaria convocan a segunda edición do Certame de Relato Curto en Igualdade. A obra gañadora, que recibirá un premio de 300 euros, non pode exceder os 3000 caracteres e ten que estar escrita en galego.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín