Galicia
O xornalista Manuel Núñez Fiúza presenta o seu primeiro libro, Cando fun paxaro, en colaboración coa Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no debut literario do xornalista crucense Manuel Núñez Fiúza. O conto, Cando fun un paxaro, está publicado por Edicións Fervenzas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro Ramón Piñeiro homenaxea pola súa xubilación a Blanca Ana Roig Rechou, unha das súas fundadoras
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) organizou pola xubilación de Blanca Ana Roig Rechou, unha das fundadoras e investigadora deste centro da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Pazo de San Roque acolle un encontro de expertos sobre literatura infantil e xuvenil co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou o seminario internacional “A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana”, un encontro de reflexión e análise coordinado polo proxecto Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta destinou preto de 3M€ ás axudas á tradución de 1200 proxectos editoriais desde a súa posta en marcha

A Xunta conmemora o Día Internacional da Tradución a través da participación en diferentes iniciativas, como simposios, obradoiros e entregas de premios, co acto central na actividade “Contigo na distancia”, promovida pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) en colaboración co Goberno galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta subliña o valor do libro 'Máis alá e máis arriba' de Vázquez Taín para afondar na orixe e na historia do Camiño de Santiago
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participaron na presentación do libro Máis alá e máis arriba. Historias dos primeiros peregrinos do Camiño de Santiago, do maxistrado e escritor Xosé Antonio Vázquez Taín.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Noia aproba a súa Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal reguladora do uso da lingua galega no concello de Noia, un texto normativo que declara o galego como idioma oficial do Concello.
Fonte: CTNL
A Xunta e a RAG impulsan a nova edición de Toponimízate, a campaña que divulga o valor da toponimia polos concellos galegos

A campaña de divulgación da toponimia “Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra” está de volta logo da parada obrigatoria provocada pola crise sanitaria. A iniciativa, coordinada pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Xunta de Galicia, chega entre os meses de outubro e decembro a nove concellos, oito deles da Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O certame de cinema Ouff Escola recibe máis de 45 traballos na súa XII edición

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega de premios da XII edición do Certame de Cine OUFF Escola organizado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Xunta de Galicia, no marco do XXVI Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Celébrase na Comarca de Ferrol o Día do Orgullo Neofalante

O Día do Orgullo Neofalante, que se celebra o 1 de outubro, coincidindo coa data de nacemento de Andrés do Barro, ten como obxectivo gañar falantes e espazos de uso para o galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago organiza tres palestras para promover a divulgación médica en galego

Baixo o título "O galego ten saúde!", as tres palestras tratarán contidos de psiquiatría, psicoloxía, medicina familiar e comunitaria, farmacia ou toxicoloxía co obxectivo de promover actitudes lingüísticas positivas do alumnado e do profesorado da Facultade de Medicina sobre o exercicio docente e profesional en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín