Galicia

O CGAC mostra o potencial do deseño español coa mostra 'Identidade e territorio'

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abrirá ao público a nova exposición From Spain With Design (FSWD)/Identidade e territorio, promovida pola Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) para mostrar a proxección do deseño español a nivel nacional e internacional.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha queixa formal na Valedora do Pobo denuncia os datos negativos sobre a situación do galego no ensino

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) presentou unha queixa na Valedora do Pobo para denunciar o panorama verdadeiramente preocupante para a lingua propia que se desprende do último estudo elaborado pola Real Academia Galega.

Fonte: STEG

Unha iniciativa denuncia a escasa presenza do galego na TVE

A iniciativa #EuApagoTVE, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, chama a que o día 11 de outubro só se sintonice TVE cando estea a emitir contidos en galego, é dicir na canle La1 de 14 a 14:20h e de 15:55 a 16:15h. Con esta iniciativa preténdese denunciar a escasa presenza do galego na televisión pública española.

Fonte: Nós Diario

O Concello de Vigo organiza un curso para ampliar o coñecemento do galego empregando como fío condutor a auga doce

O Curso de auga doce, que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro e novembro, ten como obxectivo impartir coñecementos de lingua galega (léxico, fraseoloxía, toponimia, lendas...) empregando a auga doce como fío condutor.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Preséntase o Mapa sociolingüístico escolar de Ames

O Mapa sociolingüístico escolar de Ames, desenvolvido pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames, revela unha perda do 10 % de galegofalantes iniciais xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil, unha porcentaxe que vai medrando nos sucesivos cambios de ciclo.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta colabora na tradución ao inglés dunha antoloxía poética de Luz Pozo Garza

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da antoloxía poética de Luz Pozo Garza Unha Camelia / One Camellia Blossom, editada por Small Satations Press co apoio da Xunta de Galicia e traducida ao inglés pola políglota filóloga romanesa Adina Ioana Vladu.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A RAG e a Mesa pola Normalización Lingüística reúnense para abordar o trato do galego na futura lei do audiovisual

Representantes da Real Academia Galega e da Mesa pola Normalización Lingüística reuníronse para tratar o trato que vai recibir o galego na futura Lei xeral de comunicación audiovisual que se está a tramitar no Congreso dos Deputados.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta salienta o esforzo realizado no aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou no acto de inauguración da conferencia Portugués, Multilingüismo e Ensino a Distancia, organizada pola Academia Galega de Lingua Portuguesa e a Comisión Técnica de Promoción e Difusión da Lingua Portuguesa, que conta co patrocinio da Xunta e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, entre outras institucións.

Fonte: Xunta de Galicia

Santiago de Compostela acolle o 16 de outubro unha nova edición de “LGx15. Ideas para o futuro da lingua”

O LGx15 de 2021 volve a ser un evento presencial, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Santa Marta de Santiago de Compostela, no que se impartirán seis charlas para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego.

Fonte: CTNL

Valentín García participa na xuntanza anual da Asociación Amigos da Terra de Montes

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á xuntanza anual que a Asociación Amigos da Terra de Montes organiza dende os anos 80 entre os concellos de Beariz, Cerdedo e Forcarei, que incluíu a presentación dun novo libro co apoio da Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder