Galicia

A Real Academia Galega lanza un vídeo en YouTube sobre a toponimia de Melide

A académica correspondente e membro do Seminario de Onomástica Luz Méndez explica, nunha nova entrega da serie «O Seminario de Onomástica responde», a orixe e o significado do topónimo Melide.  

Fonte: La Voz de Galicia

A Real Academia Galega demanda que o galego sexa oficial en Asturias

Reclama que o novo Estatuto de Autonomía de Asturias declare a oficialidade do galego no Principado, nas mesmas condicións que o asturiano. Por este motivo, elaborou un informe no que se analiza a consideración da lingua galega nesta comunidade e a proposta de novo marco estatutario que limita a consideración de oficial para o galego ao seu ámbito territorial.

Fonte: Real Academia Galega

Publícase un novo volume na colección Terra Nomeada dedicado á toponimia da Pontenova

A filóloga Xulia Marqués Valea é a autora do número 7 da colección Terra Nomeada, un volume que recolle a orixe e o posible significado dos nomes das once parroquias e 102 entidades de poboación do concello lugués da Pontenova.

Fonte: Real Academia Galega

Wordle, o novo xogo de moda nas redes sociais, xa está dispoñible en galego

Xa está dispoñible en galego Wordle, un novo xogo en liña que consiste en adiviñar unha palabra de cinco letras ao día e despois compartir as xogadas a través das redes sociais. Inicialmente só se podía xogar en inglés, pero foron xurdido versións noutras linguas, entre elas, o galego, o catalán ou o español.

Fonte: Código Cero

Demandan que a Universidade Nacional de Educación a Distancia permita realizar os exames en galego

O BNG reclamou no Congreso que se garanta o dereito do alumnado a poder empregar o galego nos exames da UNED, polo menos, nas probas que se leven a cabo en Galicia, así como que a web e o resto de materiais didácticos desta universidade estean dispoñibles nesta lingua.  

Fonte: Nós Diario

O audiovisual de Galicia móstrase esperanzado pola aposta da nova lei do sector polas linguas cooficiais

O Clúster Audiovisual Galego confía en que a aposta polas linguas cooficiais da futura lei estatal para o sector se converta nun revulsivo para a produción galega.  

Fonte: El Correo Gallego

Cincuenta centros educativos galegos desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar

Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. A Xunta vén de resolver a convocatoria desta nova iniciativa, Lectura e Familias, dotada con 125 000 €.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Piden a inclusión na plataforma Galicia Nomeada da toponimia do Bierzo

O colectivo Fala Ceibe do Bierzo solicita que a plataforma Galicia Nomeada inclúa a toponimia galega presente nos territorios do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas sanabresas.

Fonte: Nós Diario

Trinta alcaldes comprométense a usar a lingua galega nos servizos xurídicos dos seus concellos

Trinta alcaldes asinaron, no acto de homenaxe ao historiador Fermín Bouza-Brey, a Declaración de Cortegada, na que se comprometen a que os servizos xurídicos dos seus respectivos concellos empreguen o galego ante os tribunais de xustiza.

Fonte: Faro de Vigo

Publícanse dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do galego no ámbito do ensino non universitario

A Xunta de Galicia publicou dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do galego no ámbito do ensino non universitario, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder