Galicia

A Xunta e a orquestra Panorama presentan un videoclip para promover o Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do videoclip do tema Torres de Compostela, adaptado e interpretado pola famosa orquestra Panorama ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova versión do Corpus de Referencia do Galego Actual permitirá realizar estudos con perspectiva de xénero

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da versión 4.0 do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) no marco do convenio entre o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta, e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago organiza o concurso de vídeos en galego «Petiscos de ciencia»

Ao concurso «Petiscos de ciencia», dirixido a alumnado da ESO, de formación profesional e de bacharelato (categoría A) e calquera membro da USC (categoría B), poden presentarse vídeos en galego de entre 30 e 90 segundos sobre temas relacionados coa ciencia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O certame TED-Saúde presenta un total de 25 novos vídeos de ciencias da saúde con subtítulos en galego

Xa se coñecen as persoas gañadoras do certame TED-Saúde de 2021, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Santiago grazas á que se presentan 25 novos vídeos relacionados coas ciencias da saúde con subtítulos en galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Deputación da Coruña lanza unha liña de axudas para iniciativas sociais e culturais en lingua galega

A Deputación da Coruña destinará 275 000 euros a iniciativas que desenvolvan proxectos sociais e culturais en galego que fomenten valores como a igualdade, a diversidade, a innovación ou a cohesión social, entre outros.   

Fonte: Deputación da Coruña

A Egap organiza cursos de linguaxes específicas en lingua galega para persoal da Administración

A Escola Galega de Administración Pública convoca os seguintes cursos: de linguaxe xurídica galega para o persoal da Administración de Xustiza que presta servizos fóra de Galicia e de linguaxe administrativa e xurídica destinados ao persoal ao servizo das distintas administracións galegas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

XuvenCiencia traduce ao galego o proxecto de divulgación científica ‘Ciencia-me un cuento’

XuvenCiencia, grupo de innovación docente da Universidade de Santiago, na súa aposta pola normalización do galego como lingua de divulgación científica, traduciu o proxecto ‘Ciencia-me un cuento’, unha iniciativa que consta de varios relatos adaptados ao público escolar que só está accesible en inglés e castelán.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta apoia o proxecto audiovisual ‘Bailando o Camiño’, que permitirá aprender a divertirse en galego cos bailes tradicionais do Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto audiovisual Bailando o Camiño, un conxunto de audiovisuais que recollen tres danzas típicas da ruta do Camiño Vasco Interior: o txulalai, o galandún e a carballesa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Vigo crea un premio de investigación xurídica en lingua galega

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo convocará o I Premio de Investigación xurídica en lingua galega, un galardón destinado a estudantes de grao e mestrado de calquera universidade española que ten como obxectivo promover o uso do galego nos traballos de investigación deste eido.

Fonte: Universidade de Vigo

A CTNL publica as intervencións da última edición do evento «LGx15. Ideas para o futuro da lingua»

A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) publicou na súa canle de YouTube as seis intervencións da última edición da iniciativa «LGx15. Ideas para o futuro da lingua», celebrada o 16 de outubro co obxectivo de recompilar experiencias e recomendacións para mellorar o futuro do galego.

Fonte: Nós Diario

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder