Galicia

Unha unidade didáctica sobre as Tanxugueiras permite traballar contidos de música e sociolingüística nas aulas

O tema Terra das Tanxugueiras serviulle ao profesor Cándido Paniagua para elaborar a unidade didáctica “Veñen para quedar”, adaptable aos diferentes niveis educativos para traballar contidos de música e sociolingüística nas aulas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Organizan un roteiro por lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma para celebrar o Día dos Medios en Galego

Santiago de Compostela acollerá a celebración do Día dos Medios en Galego, para a que a Amega organiza un roteiro no que se irán realizando paradas en lugares simbólicos na loita pola lingua galega.

Fonte: Galicia Confidencial

A serie de documentais ‘Os nomes da nosa terra’ difunde os feitos e historias que orixinaron algúns dos millóns de topónimos de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación da serie de documentais Os nomes da nosa terra, un proxecto da Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) apoiado pola Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A clasificación das Tanxugueiras leva a lingua galega á final do Benidorm Fest

Grazas ao apoio dos votos do público, as Tanxugueiras, coa súa canción en lingua galega Terra, estarán na final do Benidorm Fest, o festival que servirá para escoller quen representa a España na vindeira edición de Eurovisión.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Vigo organiza unhas xornadas sobre recursos educativos en galego

As II Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego están dirixidas principalmente ao profesorado e aos membros dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ponteareas organiza un obradoiro de iniciación ao humor gráfico en galego

A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolle o 28 de xaneiro, ao abeiro do programa de actividades en homenaxe a Castelao, un obradoiro de iniciación ao humor gráfico. Con esta iniciativa o Concello mostra a súa aposta polas actividades creativas e polo fomento da lingua galega nestas.

Fonte: Concello de Ponteareas

Organizan un curso sobre Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino

A CIG-Ensino e a AS-PG organizan o curso “Deseño e desenvolvemento de proxectos de normalización lingüística no ensino”, de 30 horas de duración, que impartirá Nel Vidal e que se desenvolverá en liña entre o 4 e o 25 de febreiro.

Fonte: CTNL

A Xunta salienta a contribución dos novos membros da Academia Xacobea para reforzar o estudo e investigación das peregrinacións a Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na Sesión Solemne de apertura do curso 2022 e acto de ingreso dos novos académicos da Academia Xacobea.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Premios Cidade de Pontevedra recoñecen o labor de dous docentes a prol da lingua galega

Vitoria Ogando e Anxo González, docentes de lingua galega nos institutos Valle Inclán e Sánchez Cantón, recolleron o Premio Cidade de Pontevedra como persoas físicas polo seu traballo a prol da lingua galega como responsables do proxecto ogalego.eu.

Fonte: Pontevedra Viva

O Concello de Lugo promove o uso do galego no cemiterio municipal

O tenente de alcalde e a concelleira de Participación reuníronse coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para abordar as distintas accións que o Concello de Lugo está a desenvolver para impulsar o uso da lingua galega no cemiterio.

Fonte: Lugo Xa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder