Galicia
O Apalpador faille entrega ao Goberno español de 10 000 sinaturas a prol da igualdade para a dobraxe en galego
O Apalpador entregoulle ao Goberno español 10 000 sinaturas, ao abeiro dunha iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística para pedir a igualdade para a dobraxe e a lexendaxe en galego na nova Lei xeral de comunicación audiovisual.
Fonte: Galicia Confidencial
Publícase un estudo sobre a política lingüística en Galicia durante a ditadura franquista
A editorial Galaxia publicou, na súa colección de manuais, O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización, un estudo realizado polo académico e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Henrique Monteagudo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
«Tanxugueiras» é a voz elixida como Palabra do Ano 2021

«Tanxugueiras» acaba de se converter na Palabra do Ano 2021, tras conseguir a maioría dos votos das persoas que participaron na elección e que tiveron que escoller entre as voces preseleccionadas, unha listaxe na que tamén estaban coada, gromo, resiliencia e vacinódromo.
Fonte: RAG
Santiago e Lugo acollen a nova campaña para a promoción da lingua galega da Xunta
A campaña «Saca o galego que levas dentro», lanzada pola Xunta de Galicia este mes a prol do uso da lingua galega entre toda a sociedade, chega ás cidades de Santiago de Compostela e Lugo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ‘Dicionario da nova literatura galega’ recupera un proxecto de finais dos anos 60 co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do traballo Dicionario da nova literatura galega (86 voces responden un inquérito, 1969), de Xesús Alonso Montero, que conta co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Biblioteca da Xunta en Ourense acolle a mostra en homenaxe a Xela Arias ‘Tigres coma cabalos’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou na Biblioteca da Xunta en Ourense Nós na inauguración da mostra en homenaxe a Xela Arias Tigres coma cabalos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xosé Monteagudo recolle o XV Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa novela ‘Eternity’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XV Premio de Narrativa Breve Repsol a Xosé Monteagudo, elixido gañador pola súa novela Eternity.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entréganse os Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación

As empresas premiadas na XXII Edición dos Premios Manuel Beiras foron tres: Vide Vide!, galardoada na categoría de empresas cun uso continuado do galego; Creativas Galegas, na categoría de nova incorporación ao galego; e Código Cero, á innovación no uso do galego.
O Concello de Vigo presenta unha nova edición de «No Nadal… un conto», un programa de lecer en galego para o público infantil
«No Nadal… un conto» é un programa que ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil e que se desenvolverá ata o 9 de xaneiro de 2022.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Arredor do 40 % dos títulos editados en Galicia en 2019 se publicou en galego

Segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no ano 2019 editáronse en galego no conxunto do Estado 1048 títulos. No que respecta á edición en Galicia, en 2019 editáronse 2213 títulos, dos cales só o 40,3 % se publicou nesta lingua, o que supón unha clara diminución con respecto ao ano anterior (cando representaron o 45 % do total).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín