Galicia
A Xunta e Edicións Fervenza publican un libro que reúne por primeira vez os textos orixinais e inéditos da Carta Fundacional de Baiona e de Monte Real
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Cartas de Poboamento inéditas de Baiona e Monte Real, da autoría de Avelino Sierra, editado por Edicións Fervenza en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca unha nova edición do seu certame de curtametraxes en galego

Este Certame de curtas ten como obxectivo promover a creación audiovisual como canle de difusión da lingua e literatura galegas. Inclúe dúas categorías, unha xeral e outra destinada aos centros de ensino.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García define a toponimia como 'unha das grandes riquezas' do idioma galego e pon en valor o traballo da Xunta pola súa recuperación
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda que clausurou a VI Xornada de Onomástica Galega, coorganizada pola Real Academia Galega (RAG), a Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García loa o papel do certame Condado de Pallares na posta en valor do patrimonio e da cultura do rural de Galicia
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño-Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, presentaron o libro A Comarca de Chantada no século XVIII.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Máis de 1500 escolares participarán nas actividades da nova edición do Correlingua

O 20 de outubro comeza o programa de actividades da nova edición do Correlingua que, baixo o lema 'Inmunízate co galego', inclúe concertos e talleres de escritura creativa, de regueifas e banda deseñada e que se iniciará na Coruña para prolongarse ata novembro por toda Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
A Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago pon en marcha unha campaña para acabar cos prexuízos lingüísticos

Baixo o lema «A boa medicina», nace esta campaña destinada a limar os prexuízos lingüísticos do alumnado, especialmente o de primeiro curso e o que chega dende fóra de Galicia. Na súa presentación déronse a coñecer as actividades que se levarán a cabo nos meses de outubro, novembro e decembro no marco desta iniciativa.
Xesús Fraga gaña o Premio Nacional de Narrativa, que por cuarta vez vai para unha obra escrita en galego

Xesús Fraga é o gañador do Premio Nacional de Narrativa 2021, que entrega o Ministerio de Cultura e Deporte, pola novela Virtudes (e misterios). Por cuarta vez este galardón recae nunha obra escrita en galego, xa que con anterioridade foron distinguidos Alfredo Conde (1986), Manuel Rivas (1996) e Suso de Toro (2003).
Fonte: RAG
O Consello da Cultura Galega presenta en podcast a tradución ao galego realizada por Xela Arias da obra “Contos ao teléfono”
O proxecto “Xela e Gianni” está formado unha serie de podcast elaborados por Charo Pita que adapta a formato sonoro os textos traducidos ao galego por Xela Arias hai 25 anos da obra Contos ao teléfono de Gianni Rodari.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O número 39 da serie de Astérix e Obélix contará con versión en galego

En breve chegará ás librarías, Astérix e o Grifón, o volume número 39 da serie de Astérix e Obélix que verá a luz de xeito simultáneo xunto a outras 17 linguas en todo o mundo. A tradución ao galego é responsabilidade de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Fonte: Praza Pública
O libro ‘Mamasunción’ repasa o proceso creativo de Chano Piñeiro co apoio da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro, do director e guionista Pedro Sancho. “Unha obra –explicou o representante da Xunta de Galicia– que descubre unha parte moi importante de Chano Piñeiro e da súa forma de facer cinema en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín