Galicia

Preséntase a tradución ao galego da obra «A Tribuna» de Emilia Pardo Bazán

A sede da Real Academia Galega acolleu a presentación da versión en galego da terceira novela de Emilia Pardo Bazán, La Tribuna, traducida por Valeria Pereiras grazas á colaboración entre o Concello da Coruña e a Fundación Luzes.

Fonte: Culturagalega

A Deputación de Pontevedra impulsa un ano máis Musigal, o programa para difundir a música galega e en galego

A Deputación de Pontevedra publicou as bases do programa Musigal 2022, unha iniciativa que ten como obxectivo contribuír á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Deputación da Coruña convoca axudas para os servizos de normalización lingüística municipais da provincia

A Deputación da Coruña publicou a convocatoria de axudas, destinada ás entidades locais da provincia, para a creación, mantemento e reforzo dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2022.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano con máis de 700 actividades por toda Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística pecha o ano cun balance de máis de 700 accións de fomento do galego (exposicións, recitais, concertos, representacións...) que chegaron a 225 lugares diferentes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un filme que promove a inclusión das persoas con síndrome de Down estréase en galego

Varias salas de cinema en Galicia estrearon Valentina, unha aventura de animación musical cunha nena con síndrome de Down. O filme estréase na súa versión orixinal en galego e tamén nunha versión en castelán.

Fonte: Praza Pública

Unha plataforma contraria á proliferación de macroparques eólicos alerta que se están a presentar documentos en inglés para a tramitación de novos aeroxeradores

A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova presentou un recurso no Concello de Celanova no que denuncia que a empresa interesada en construír o novo parque eólico Monte da Neve, nos concellos de Celanova e Verea, presentou documentación de interese público en lingua inglesa.

Fonte: Galicia Confidencial

A Cidade da Cultura pecha 2021 cun máximo histórico de 230.000 participantes en actividades culturais

A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 cun máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229 462, o que representa un incremento dun 20 % respecto ao 2019.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Demandan máis prazas de portugués no ensino galego

A Asociación de Docentes de Portugués en Galicia (DPG, polas súas siglas en portugués) demandou ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que  se incremente o número de prazas de portugués nas oposicións e que, por primeira vez, se dispoña de profesorado de portugués no ensino primario.

Fonte: Nós Diario

O Concello de Santiago de Compostela organiza un espectáculo para fomentar o galego no ámbito do lecer infantil

O Concello de Santiago de Compostela organiza a Festiña do Apego, cuxo programa inclúe tres espectáculos en galego e que ten como obxectivo crear espazos de uso para esta lingua no ámbito do lecer infantil.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Lupe Gómez recolle o X Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro co que colabora a Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos premios aos gañadores do X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder