Galicia

A Xunta e o Colexio de Educadores Sociais de Galicia apoian os mellores traballos de fin de grao en galego coa publicación dun libro

A Xunta de Galicia e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) presentaron o libro que recolle os traballos premiados na sétima edición do Concurso TFG.eduso, unha iniciativa que recoñece os mellores proxectos de fin de grao arredor da educación social presentados en lingua galega nas universidades públicas de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta de Galicia convoca de novo bolsas para que estudantado universitario poida mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras no verán

A Xunta de Galicia contribuirá a que 142 estudantes universitarios realicen unha estadía de formación lingüística nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2022 a través da liña de axudas para o coñecemento dunha segunda lingua. Trátase dunha convocatoria de bolsas que a Xunta recupera tras a pandemia.

Fonte: Consellaría de Cultura, Educación e Universidade

O Consello da Cultura Galega e a USC presentan unha nova versión de Proxector

O Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago presentaron Proxector, un repositorio que escolma recursos da rede sobre as diferentes disciplinas científicas, co principal nexo común que están en galego ou dispoñen de versións subtituladas na nosa lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na xuntanza que a Fundación Rosalía de Castro convocou para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña abre a convocatoria da Rede Cultural que conta cun programa dirixido a espectáculos de promoción do galego

Artistas, empresas e compañías poden inscribir os seus espectáculos na nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña, á que a institución provincial destinará 1 900 000 euros. O catálogo desta iniciativa está formado por catro programas, un dos cales, o denominado "Lingua a Escena!" se dirixe a espectáculos con contidos orientados á dinamización social do galego.

Fonte: Deputación da Coruña

 

Arranca a rodaxe da serie galego-portuguesa ‘Motel Valkirias’, cofinanciada pola Xunta

A serie galego-portuguesa Motel Valkirias iniciou a súa rodaxe cunha primeira xornada de filmación no set instalado no Hotel Congreso de Teo, onde o equipo recibiu a visita do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. A Xunta de Galicia cofinancia o proxecto cunha achega de máis de 250 000 euros á compañía compostelá CTV, que coproduce esta ‘dramedia’ transfronteiriza xunto á lusa SPi.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícase unha nova edición do Calendario Científico Escolar do CSIC en galego

Grazas á colaboración entre o CSIC e a Universidade da Coruña, publícase unha nova edición do Calendario Científico Escolar en galego, con 365 efemérides do ámbito científico e tecnolóxico, acompañadas dunha guía didáctica para os centros de primaria e secundaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Vigo dedica o seu calendario de 2022 a poñer en valor o labor do PAS na promoción do galego

O tradicional calendario da Universidade Vigo está dedicado este ano a poñer en valor o labor dos diferentes servizos e unidades administrativas da institución a prol do fomento do galego.

Fonte: Universidade de Vigo

Convócanse os premios a curtas de animación en galego «Nós tamén creamos!»

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa «Nós tamén creamos!» para o curso académico 2021/2022.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un glosario dixital en lingua de signos sobre carpintería realizado polo IES de Melide gaña un premio como proxecto inclusivo

A Consellería de Educación concedeu o primeiro Premio Boas de Educación Inclusiva ao IES de Melide por un glosario dixital, adaptado á lingua de signos, con terminoloxía da familia profesional da carpintería e o moble. O catálogo inclúe 200 termos en galego e castelán.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder