Galicia

O Festival Kerouac leva a poesía galega a México co apoio da Xunta

O Festival Kerouac chega a México co apoio do Goberno galego en dous actos presenciais onde a poesía salta aos escenarios e ás pantallas. Unha mostra variada da escena poética mexicana na que a poesía galega é tamén a protagonista da man de Fátima Delgado, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, figura homenaxeada nestas Letras Galegas 2022.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nace unha nova iniciativa en defensa do audiovisual en galego

A Iniciativa polo audiovisual en galego presentouse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de reivindicar os dereitos desta lingua na nova Lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o Goberno español.

Fonte: Nós Diario

Publícase a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas

O BOP da Coruña publicou a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Cabanas, na que se recollen as obrigas e as liñas de actuación que rexerán os usos lingüísticos da institución, así como das empresas adxudicatarias, concesionarias ou contratadas por ela.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A serie de vídeos de `Brincadeiras da lingua’ chega cunha segunda edición para seguir difundindo os ditos infantís galegos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da segunda entrega de Brincadeiras da lingua, unha serie de pílulas audiovisuais realizadas por Migallas Teatro ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Real Club Celta estrea unha conta de Twitter integramente en lingua galega

O Real Club Celta estreou un novo perfil de Twitter integramente en galego, ante as críticas xurdidas nos últimos tempos polo escaso e, mesmo ás veces, incorrecto uso desta lingua na conta que ten nesta rede social desde 2011.  

Fonte: La Voz de Galicia

Segundo un informe, na Universidade de Santiago impártese en galego case unha de cada catro horas de clase

Segundo o informe Usos lingüísticos docentes no curso 2021-2022, o 33,75 % das horas docentes nos mestrados impártese en galego. No caso dos graos, as horas docentes nesta lingua alcanzan o 23,40 %.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Vigo publica novas guías prácticas para o ensino secundario sobre monolingüismo, histoloxía e repartimentos

A Área de Normalización Lingüística acaba de publicar tres novas guías, que se suman ás catro editadas hai un ano, co obxectivo de achegar ao alumnado de ensino secundario os resultados das investigacións sobre os problemas de repartimentos, histoloxía e monolingüismo. Estas guías remitiranse aos equipos de dinamización lingüística dos centros de secundaria de Pontevedra e Ourense.

Fonte: Universidade de Vigo

Preto de 4000 participantes inician o reto de ‘21 Días co galego e +’ baixo o lema ‘Creando en galego no século XXI’

A cuarta edición de «21 días co galego e +» bota a andar coa finalidade de promover o uso do galego oral entre a xente nova. Este programa, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, conta coa participación de 3845 persoas entre alumnado, docentes e persoal de administración e servizos. Unha cifra que aumenta respecto ao curso anterior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e a USC colaborarán nun proxecto dixital que busca avanzar no estudo do neofalantismo

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) colaborarán nun novo proxecto dixital que, a través das novas tecnoloxías, busca avanzar no estudo do neofalantismo. Un proxecto de tres anos de duración dividido en tres fases e co que o Goberno galego e a USC pretenden impulsar e poñer en valor o neofalantismo e as conexións do galego co mundo da empresa e da lusofonía.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A RAG e PuntoGal convocan a quinta edición do seu concurso de microrrelatos para que o galego gañe espazo na rede

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a quinta edición do seu certame de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza do galego no mundo dixital.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder