Galicia
A Deputación da Coruña convoca a XIII edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua

O Premio Rosalía de Castro de Lingua ten como obxectivo recoñecer iniciativas de normalización lingüística, ou traxectorias de persoas, colectivos e entidades que destaquen polo seu compromiso coa promoción e dignificación do idioma galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta constitúe o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores para dar pulo a estes estudos como canteira da cultura galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu a reunión de constitución do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, que celebra a súa primeira reunión de traballo tras a recente renovación dos seus membros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago convoca os XVIII Premios á calidade lingüística en galego
Os Premios á calidade lingüística están dirixidos ao alumnado matriculado en titulacións de grao ou mestrado que elabore e, de ser o caso, defenda en lingua galega un traballo neste ano académico.
Galicia celebra un ano máis o Día de Rosalía con multitude de actividades

Diferentes institucións, concellos, centros de ensino, centros sociais, asociacións e poboación en xeral celebran o día 23 de febreiro o Día de Rosalía coa organización de multitude de actividades por todo o territorio galego, desde vídeos en TikTok e Instragram ata lecturas, teatro, ofrendas florais...
Fonte: Galicia Confidencial
A Facultade de Medicina e Odontoloxía organiza un photocall con lemas en defensa do galego

No marco da campaña de sensibilización a prol do galego ‘A boa medicina’, organizada pola Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago, púxose en marcha un photocall no que o alumnado podía posar con diferentes lemas.
O programa ‘21 días co galego e +’ pecha a súa cuarta edición cun maior impacto nas redes sociais

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no instituto IES Lucus Augusti de Lugo na clausura oficial do programa de dinamización lingüística «21 días co galego e +», que nesta cuarta edición xuntou por primeira vez 12 centros participantes, así como 394 docentes, 52 membros do persoal da administración e servizos e 3399 alumnas e alumnos de entre 8 e 18 anos, que viviron xunto ás súas familias a experiencia de falar en galego durante 21 días.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra convoca as axudas para crear, manter ou reforzar os servizos de normalización lingüística dos concellos
A Deputación de Pontevedra aprobou a convocatoria de axudas, por un importe de 200 000 euros, para a creación, mantemento ou reforzo dos servizos de normalización lingüística dos concellos e outras entidades locais da provincia.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Universidade de Vigo organiza un certame para premiar as reflexións prospectivas sobre o galego en 2050

O Premio A lingua galega en 2050 ten como obxectivo fomentar entre o alumnado a reflexión prospectiva sobre a situación social da lingua galega a mediados de século a partir de propostas ensaísticas, literarias ou de divulgación científica.
Fonte: Universidade de Vigo
Román Rodríguez agradece a Tanxugueiras a súa contribución á proxección internacional do galego
A Xunta de Galicia conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna -que este ano pon o foco no uso das tecnoloxías- nun acto lúdico e didáctico dirixido ás familias e ao público máis novo celebrado na Cidade da Cultura, que contou coa participación de Tanxugueiras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago convoca un certame de vídeos en galego sobre enxeñería informática e química

O I Concurso de vídeos sobre enxeñería informática e química ten como obxectivo fomentar o uso do galego entre o alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñería, para o que deberán presentar un vídeo nesta lingua dunha duración máxima de 3 minutos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín