Galicia

A escritora Anne Plantagenet e o director teatral Lluís Pasqual protagonizan o ciclo de conferencias ‘María Casares’ organizado pola Xunta

A escritora Anne Plantagenet e o director teatral Lluís Pasqual protagonizan a segunda xornada do ciclo de conferencias “María Casares. Do exilio ao escenario”, co que a Xunta abriu o pasado mes a súa programación conmemorativa do centenario da artista.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Covelo pon en marcha un proxecto de recuperación da súa toponimia

«Covelo, parroquia a parroquia» é o nome desta iniciativa impulsada polo Concello que ten como obxectivo recuperar e pór en valor os seus topónimos. Segundo explica o alcalde do municipio, a idea é ir afondando na riqueza toponímica de cada parroquia en colaboración cos distintos colectivos veciñais.

Fonte: Código Cero

Convócase o concurso Cantalingua, dirixido a bandas e solistas que cantan en galego

Bandas e solistas que canten en galego xa poden presentarse ao Cantalingua, certame organizado ao abeiro do Correlingua, con cancións orixinais de calquera estilo musical, cuxo único requisito é que estean integramente neste idioma.

Fonte: Galicia Confidencial

Publícase un novo manual de linguaxe inclusiva dirixido ao profesorado

Montse Pena e María Caamaño son as autoras de Axeitar a lingua: orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino, un manual que ten como obxectivo contribuír a que o profesorado dispoña dos recursos didácticos para a fixación de termos inclusivos.

Fonte: Nós Diario

Segundo o barómetro trimestral de Sondaxe, descende o uso do galego como lingua habitual

Segundo os datos de Sondaxe, a porcentaxe de falantes que escolle o castelán fronte ao galego é máis elevada tanto na vida persoal como no ámbito laboral e educativo. No que respecta ao ámbito familiar, case un 41 % emprega o castelán, fronte a un 38,4 % que prefire expresarse en galego.

Fonte: La Voz de Galicia

O investigador Luís Cuntín publica o seu primeiro poemario co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de O caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín publicado por Chan de Pólvora dentro da súa colección Ons e editado en colaboración coa Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago organiza un obradoiro para reforzar a responsabilidade na normalización do galego a través do ensino

O ‘Obradoiro de apoderamento lingüístico’ ten como obxectivo fomentar a responsabilidade na normalización social do galego como parte do ámbito competencial dos mestres e mestras.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Real Academia Galega aproba as adaptacións ao galego de varios topónimos de Ucraína

Estas adaptacións ao galego de topónimos de Ucraína fíxose tendo en conta as recomendacións internacionais e a necesaria transliteración dende o alfabeto cirílico da lingua ucraína.

Fonte: Real Academia Galega

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición de “Explícoche matemáticas 2.0”, o certame para impulsar o uso do galego neste ámbito

O concurso “Explícoche matemáticas 2.0” ten como obxectivo fomentar o uso do galego como medio de transmisión do coñecemento matemático, así como a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Preséntase un informe que constata unha demanda crecente entre as novas xeracións de produtos culturais en galego

O informe Oferta, demanda e prácticas culturais nos menores de 16 anos, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, analiza os hábitos culturais e sinala que a cidadanía demanda máis oferta de produtos en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder