Galicia

A Real Academia Galega dedica un volume á toponimia de Tordoia

O volume dedicado á toponimia de Tordoia, publicado na colección Terra Nomeada, está asinado por Lidia Gómez e Luz Méndez e nel analízase a orixe e o significado dos máis de 150 nomes das dez parroquias e os lugares deste concello e mais dunha serie de elementos xeográficos.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta convoca a primeira edición do novo fondo de proxectos culturais ‘TeCe Redes en galego’

A Xunta convoca a primeira edición de TeCe Redes en Galego, o novo repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Dotado cunha cantidade inicial de 500 000 euros, esta iniciativa nace co obxectivo de fornecer de materiais e actividades a través un programa de dinamización lingüística e de transmisión xeracional dirixido a un público infantil, xuvenil e familiar.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O director de Industrias Culturais da Xunta subliña a aposta pioneira do Carballo Interplay polos contidos dixitais

O festival de contidos dixitais Carballo Intreplay celebrou a apertura da súa novena edición, que se desenvolve no Pazo da Cultura e noutros puntos da capital bergantiñá ata o vindeiro 9 de abril.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha publicación sobre atención educativa na contorna pediátrica chega ás aulas hospitalarias

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do libro Pedagoxía hospitalaria. Atención educativa na contorna pediátrica, publicado pola doutora en Pedagoxía María Elena Sobrino Fernández co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Case 2000 traballos de fin de grao e de mestrado viron a luz en galego na Universidade de Santiago de Compostela en 2021

O uso do galego incrementouse nos últimos anos nos Traballos Fin de Grao (TFG) e Fin de Mestrado (TFM) na Universidade de Santiago. As mellores cifras acádanse nos estudos de posgrao, co 28,14 % dos TFM redactados nesta lingua, porcentaxe que se eleva ao 30 % nas defensas orais.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta e a AELG presentan o proxecto A literatura galega nas súas voces

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, presentaron o proxecto A literatura galega nas súas voces, impulsado pola AELG ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Premios Mil Primaveras recoñecen seis proxectos a prol do galego

O xurado dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego, organizados desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, deu a coñecer os galardoados da súa terceira edición.

Fonte: Galicia Confidencial

O secretario xeral de Política Lingüística participa nas II xornadas ‘A lingua galega e a filosofía’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda «A lei de Normalización Lingüística de Galicia: historia, desenvolvemento e desafíos», enmarcada nas II Xornadas A lingua galega e a filosofía, que organiza a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca a oitava edición do Concurso literario Mazarelos para fomentar a creatividade en galego da mocidade universitaria

Os obxectivos deste concurso literario son impulsar a creatividade da mocidade universitaria e promover a súa capacidade de expresión en galego, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a literatura galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta reforzará os servizos e a atención de proximidade das bibliotecas públicas

A Xunta de Galicia vén de dar un paso máis para a posta en marcha do II Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia, a ferramenta posta a disposición dos concellos que permite amosar a situación actual e facer diagnose de necesidades bibliotecarias de cada municipio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder