Galicia
O Concello de Narón acollerá varias actividades no marco do proxecto Apego para o impulso da transmisión do galego
O Concello de Narón organiza un total de seis espectáculos ao abeiro do proxecto Apego para os meses de abril, maio e xuño. Trátase de actividades dirixidas a menores de 6 anos e as súas familias coas que se pretende fomentar a transmisión do galego como lingua inicial.
Fonte: Concello de Narón
A Xunta de Galicia premia as mellores declaracións de amor do undécimo certame ‘Lingua de namorar’

A Xunta de Galicia vén de anunciar os nomes dos gañadores das mellores declaracións de amor en galego presentadas nesta undécima edición do certame “Lingua de namorar”. Un total de 132 mozas e mozos de entre 14 a 35 anos participaron neste concurso que procura dinamizar o uso da lingua galega entre a xuventude, tanto nas súas relacións persoais como na internet.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O festival de música en galego Galegote Rock celebra o seu décimo aniversario

Pontevedra acolle a celebración do décimo aniversario do Galegote Rock, o festival de música en directo que ten como obxectivo dar a coñecer intérpretes e grupos musicais que usan o galego nas súas cancións.
Fonte: Culturagalega.org
Investigadoras das universidades de Vigo e Santiago publican un libro no que defenden a tradución como ferramenta de difusión cultural e promoción exterior
Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor é o título do volume editado polas profesoras Carmen Villarino da Universidade de Santiago e Iolanda Galanes e Ana Luna, da Universidade de Vigo.
A Real Academia Galega presenta unha serie documental sobre Florencio Delgado Gurriarán
Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda é o título da serie documental coa que a RAG quere homenaxear o poeta valdeorrés ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Fonte: Real Academia Galega
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñece o dereito a recibir atención en galego por parte da Axencia Tributaria
O TSXG recoñeceu o dereito dun cidadán a ser atendido en galego e declarou nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán.
Fonte: Nós Diario
O Concello de Covelo solicita a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta
Con esta solicitude de adhesión á Rede de Dinamización Lingüística o Concello de Covelo busca avanzar na defensa e o emprego do galego en todos os ámbitos e acceder a máis medios técnicos e persoais para continuar con traballos vinculados con esta lingua.
Fonte: Faro de Vigo
A Xunta abre a nova convocatoria das axudas para promover o uso da lingua galega no ámbito local

A Xunta de Galicia ten aberta unha nova convocatoria de subvencións para promover o uso da lingua galega no ámbito local, para o que se destinan 350 000 euros. En concreto, as axudas buscan fomentar os servizos lingüísticos que se prestan á cidadanía, tanto para creación de novos como para manter ou reforzar os existentes. Tamén se destinan para promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega para o ano 2022 no ámbito local.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta impulsou máis de 1000 actividades de dinamización lingüística por toda Galicia en 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compareceu no Parlamento galego para dar conta das accións levadas a cabo pola Xunta de Galicia en materia lingüística en 2021 e presentar as propostas nas que o seu departamento traballa neste momento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un acto conmemora a primeira sentenza en galego nun xulgado ourensán
Xoán Manuel Alfaya Ocampo e Miguel González Trigás son os nomes que figuran nunha placa conmemorativa por seren partícipes da primeira sentenza xudicial ditada integramente en galego no Xulgado de Primeira Instancia n.º 2 de Ourense.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín