Galicia

O cancelo #veránlingua recompilará en Twitter recursos e recomendacións sobre a lingua galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua lanzou unha iniciativa para este mes de agosto pola que van recompilar na súa conta de Twitter, co cancelo #veránlingua, recomendacións de lecturas, recursos audiovisuais, webs de proxectos…

Fonte: CTNL

Publícanse as bases do Premio ao proxecto de webserie en galego do Festival Carballo Interplay 2023

O Concello de Carballo publicou no BOP as bases do premio ao mellor proxecto de webserie en galego do Festival Carballo Interplay, un galardón que busca fomentar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais nesta lingua en internet.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A asociación Alingua crea unha lista de reprodución colectiva coa mellor música en galego

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) creou unha lista de reprodución colectiva coa mellor música en galego que, de momento, inclúe 60 temas musicais pero que irá aumentando coas recomendacións das persoas que desexen enviarlle as súas propostas a esta entidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia resolve os premios á innovación educativa en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Formación Profesional resolveron a convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística. Os cinco centros públicos premiados recibirán unha dotación económica de 2000 euros.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia publica a resolución das subvencións aos concellos para a promoción do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística resolveu a convocatoria de axudas ás entidades locais, destinadas á creación, mantemento ou reforzamento dos seus servizos de normalización lingüística, así como ao desenvolvemento de programas de dinamización lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Expertos conclúen que a lingua de signos galega é unha realidade

A deputada de Lingua na Deputación de Pontevedra, María Ortega, e a presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galiza (Xoga), María Jesús Monterde, presentaron na Deputación de Pontevedra o Informe cero de análise preliminar para a revitalización da lingua de signos galega (LSG).

Fonte: Pontevedra Viva

O Concello da Pobra do Caramiñal lanza a segunda edición do concurso Galeguizando Tik Tok

O concurso Galeguizando Tik Tok ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas novas tecnoloxías e chegar á xente nova dunha maneira lúdica. Así, os vídeos participantes deberán estar nesta lingua, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da app Tik Tok.

Fonte: Código Cero

O Concello de Neda aproba a súa ordenanza de normalización lingüística

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda, que declara o galego como idioma oficial desta Administración.

Fonte: CTNL

A veciñanza de Chandrexa de Queixa aprenderá como colaborar na recollida dos nomes de lugar

A campaña "Toponízate. Falámosche dos nomes da túa terra" coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística chega a Chandrexa de Queixa cunha charla sobre como protexer os microtopónimos do seu territorio e o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada.

Fonte: O Sil

A RAG e PuntoGal entregan os premios do concurso de microrrelatos

As historias gañadoras do V Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa poden lerse en academia.gal e relatos.gal. As entidades convocadoras entregaron os galardóns nun acto na sede da RAG no que as persoas gañadoras leron os seus respectivos textos.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder