Galicia
A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago acollerá contacontos en lingua de signos, inglés e galego
Ao longo do mes de xuño, esta biblioteca acollerá contacontos en galego, inglés e lingua de signos ao abeiro do programa «Os sábados, choiva de contos» destinado á rapazada de 3 a 8 anos
Fonte: Galicia Confidencial
Danse a coñecer os gañadores do XIII Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña deu a coñecer os gañadores deste galardón que recoñece o labor de promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galicia: a escritora María Canosa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e o proxecto Brazolinda.
Fonte: Deputación da Coruña
A exposición de rúa coa que a Xunta celebra o centenario de María Casares chega a Ferrol
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, inauguraron na praza da Constitución ferrolá a exposición «100% María Casares. O teatro é o refuxio».
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega propón un cambio de grafía no topónimo Berdillo para que pase a escribirse con uve
Despois dun completo estudo, a Real Academia Galega proporá que no Nomenclátor se produza un cambio de grafía no nome da parroquia carballesa para que pase a escribirse Verdillo, con uve.
Fonte: Real Academia Galega
A mostra ‘Compromiso na distancia’, coa que a Xunta homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán, recala en Santiago de Compostela
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron na inauguración da exposición itinerante «Compromiso na distancia», unha das iniciativas coas que a Xunta de Galicia celebra o ano de Florencio Delgado Gurriarán, figura destas Letras Galegas 2022.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta abre unha nova área de estudos de investigación histórica e social no seo do Centro Ramón Piñeiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do novo ámbito dos estudos históricos e sociais do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Vigo acollerá un encontro para o intercambio lingüístico e cultural entre territorios lusófonos

A Casa da Lusofonía de Vigo acollerá o 17 de xuño Conexões, un coloquio impulsado pola mocidade de oito territorios de fala portuguesa que buscan combater o descoñecemento mutuo grazas á lingua e ao intercambio cultural.
Fonte: Nós Diario
Resólvense os premios do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible
Xa se coñecen os proxectos gañadores do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame organizado pola Universidade de Santiago de Compostela que busca promover a xeración de contidos científicos nesta lingua.
Preséntase na Universidade de Vigo unha antoloxía poética bilingüe guaraní-galego de Rosalía de Castro
A antoloxía bilingüe guaraní-galego Rosalía ñe’ë poravopyre (Escolma poética de Rosalía) recolle unha selección poética de Follas Novas, realizada pola poeta e tradutora paraguaia Susy Delgado.
Fonte: Universidade de Vigo
A programación da Xunta no centenario de Luz Pozo Garza suma máis dunha decena de actividades expositivas, musicais e editoriais ata finais de ano
A programación da Xunta no centenario de Luz Pozo Garza sumará máis dunha decena de actividades entre exposicións, un espectáculo musical sobre unha das súas obras, actividades académicas ou iniciativas no eido editorial.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín