Galicia

Alumnado da Universidade de Santiago presenta as conclusións da investigación sobre o patrimonio toponímico da parroquia de Leiro (Rianxo)

Alumnado de Enxeñaría Forestal e de Estudos da Literatura e da Cultura presentaron as conclusións da investigación sobre o patrimonio toponímico e cultural da zona de Leiro, en Rianxo, que realizaron grazas aos de testemuños recompilados na parroquia.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Ames acolle a terceira edición da Festa do Apego, unha actividade de impulso da transmisión interxeracional do galego

O Concello de Ames organiza a terceira edición da Festa do Apego, dirixida ao público infantil e ás súas familias para fomentar a transmisión interxeracional do galego e crear novos espazos para o seu uso no ámbito do lecer.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Real Academia Galega e Senado acordan impulsar a colaboración para a promoción da lingua e a cultura galegas

O presidente da Real Academia Galega e o presidente do Senado reuníronse na sede da institución na Coruña para poñer en marcha políticas de colaboración que incidan na promoción da lingua e da cultura galegas da cara á sinatura dun convenio que permita reforzar o uso deste idioma dende a Cámara Alta.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta agradece a contribución da Irmandade Xurídica Galega á hora de normalizar o uso do galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ao acto da XIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega (IXUGA), encabezada polo seu presidente, Xoaquín Monteagudo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García presenta «Corpo de vento», unha serie documental sobre a tradición organística en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no Pazo de San Roque á presentación da serie documental Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos, realizado pola produtora Sirgo Torcendo ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase unha nova edición do Certame Ouff Escola para fomentar o uso do galego e a creatividade audiovisual entre a mocidade

O Certame Ouff Escola, organizado polo Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega á súa 13ª edición. Os centros educativos participantes poderán presentar obras audiovisuais en lingua galega de ata 20 minutos de duración.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O BOP publica a ordenanza de normalización lingüística do Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño xa conta con ordenanza municipal de uso social da lingua galega, que regula os usos lingüísticos polos que debe rexerse tanto esta institución como as empresas adxudicatarias, concesionarias ou contratadas por ela.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Caldas de Reis organiza unha campaña para impulsar o uso do galego no sector económico do municipio

Ao abeiro da campaña de dinamización lingüística «Eu merco en galego» levaranse a cabo dúas accións: «Falo e gaño co galego», na que se distribuirán materiais polo comercio e a pequena empresa, así como premios entre a clientela; e «Sacamos o sombreiro ao galego», unha instalación na rúa con 1400 sombreiros con lemas nas vías comerciais polas que transcorre o Camiño de Santiago.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A campaña Toponimízate 2022 difundirá o valor da toponimia galega en 17 concellos co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron a quinta edición da campaña «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra». Nesta nova edición, a iniciativa de divulgación da toponimia galega, coordinada pola RAG en colaboración coa Xunta de Galicia, duplica a súa oferta de actividades e chegará a 17 concellos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócanse cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da seguridade pública

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca un curso superior e dous cursos medios de linguaxe administrativa galega dirixidos a policías locais, Garda Civil, Policía Nacional e Unidade da Policía Autonómica.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder