Galicia
O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, que conta co apoio da Xunta
O escritor e xornalista Alberto Ramos vén de alzarse coa XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, pola obra Os Corpos de Romanov. Matthias Lentz, un certame que conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Varias actividades en Ferrolterra servirán para celebrar o Día do Orgullo Neofalante
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra organiza varias actividades centradas na creación musical en galego para celebrar, o 1 de outubro, o Día do Orgullo Neofalante.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autoriza a manifestación na Toxa contra a deturpación do topónimo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obrigou o Goberno a permitir a concentración na Toxa despois de resolver a favor dun recurso interposto pola Mesa pola Normalización Lingüística ante a prohibición da Subdelegación en Pontevedra de realizar este acto con motivo da celebración do IV Foro La Toja.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta entrega os premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ na súa X edición

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participaron na entrega de galardóns ás escolas premiadas na X edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística «Nós tamén creamos!» da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza a sexta edición dos premios Youtubeiras para o fomento da creación de contidos en galego
Este certame, organizado polas tres universidades galegas, doce concellos e a Deputación da Coruña, ten como obxectivo impulsar a creación en Youtube de contidos en galego. O lema da edición deste ano 2022 é «Para rede, a nosa».
Fonte: Treintayseis
O xurado do Premio Otero Pedrayo outorga o galardón deste ano a Ángel Carracedo pola súa traxectoria na investigación médica e científica
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron no Pazo de Mariñán na reunión do xurado do Premio Otero Pedrayo 2022, o galardón cultural máis lonxevo de Galicia, que este ano recaeu no catedrático de Medicina Legal, investigador e xenetista Ángel Carracedo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A empresa galega OzocoGZ presenta Vacaloura, o seu novo xogo de preguntas en galego

A empresa galega OzocoGZ, situada no Carballiño, creou Vacaloura, un xogo de preguntas para promover o coñecemento da lingua galega. En total, o xogo conta con 500 tarxetas, 2000 preguntas e milleiros de palabras de diferentes significados.
Fonte: La Voz de Galicia
A web do 112 Galicia incorpora a videointerpretación en lingua de signos aos consellos de autoprotección
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha, presentaron os novos contidos da web do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, que incorpora a videointerpretación en lingua de signos aos consellos de autoprotección.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Ames organiza a terceira edición do certame Galetiktokers para impulsar a creación de vídeos en galego

Por terceiro ano celébrase este certame que repartirá 1800 euros en premios e que ten como obxectivos impulsar a creatividade entre a xente nova, animar a creación de vídeos en galego a través de novos formatos e visibilizar a comunidade tiktoker galega.
Fonte: Concello de Ames
A Universidade de Santiago recoñece o compromiso co galego do profesor Xosé Manuel Beiras a través do premio Luis Porteiro Garea
Xosé Manuel Beiras recolleu o Premio Luis Porteiro Garea que cada ano recoñece a iniciativa, o traballo e a traxectoria da comunidade universitaria a prol da normalización do galego na Universidade de Santiago.
Boletín
Subscríbase ao boletín