Galicia
Os Encontros para a Normalización Lingüística tratan o papel das artes na normalización do galego

Varios coñecidos creadores debaten sobre o poder das artes como ferramenta importante para a normalización do galego nesta edición XXIV destes encontros que ten como lema “Arte e lingua como ferramentas de construción masiva”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un proxecto promove a cultura galega contemporánea no exterior con materiais bilingües

O Consello da Cultura Galega presenta Galicia, unha cultura por descubrir, un proxecto que mostra no exterior o potencial creativo da cultura galega contemporánea. A través dun espazo web, dispoñible en galego e inglés, poden consultarse diferentes materiais, como pezas audiovisuais e outros recursos e contidos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Lugo acollerá un concurso de monólogos científicos en galego

O Auditorio do Vello Cárcere (Lugo) acollerá o 5 de novembro "Ciencia Calidade", un concurso de monólogos en galego no que oito persoas divulgarán contidos científicos de forma amena en menos de 3 minutos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Publicado en edición facsimilar o Plan pedagóxico de Vicente Risco co gallo do seu centenario
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira, presentaron a edición facsimilar conmemorativa do centenario do Plan pedagóxico para a galeguización das escolas, elaborado por Vicente Risco co obxectivo de crear unha guía docente que permitise galeguizar e modernizar o modelo escolar de principios do século XX.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O galego é unha das linguas presentes no “Vocabulario panlatino do dixital: ataques e devasas”

O Vocabulario panlatino do dixital: ataques e devasas é unha obra terminográfica que inclúe solucións para 100 conceptos claves do ámbito da informática, a telefonía e Internet. Xunto co termo e a definición en francés, preséntanse as correspondencias en galego, catalán, español, italiano, portugués, romanés e inglés.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta salienta a contribución á lingua e á literatura galega do Premio de Novela Galicia Rural 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da novela A agonía das Folerpas, de Óscar Reboiras, gañadora do Premio de Novela Galicia Rural 2022 convocado polo Concello de San Xoán de Río co apoio da Xunta e a colaboración da Editorial Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A cooperativa Rexenerando organiza en catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra un Laboratorio de Apoderamento Lingüístico
Alumnado de Bacharelato de catro centros de ensino da comarca de Ferrolterra asistirá ao longo dos meses de outubro e novembro a este Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, un proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade.
Fonte: CTNL
Preséntase un volume de poesía que recolle a tradución ao alemán de seis poetas galegas
Un encontro organizado pola Universidade de Kiel serviu para presentar Sechs Dichterinnen aus Galicien. Stimmen der Erde, unha obra que recolle a tradución do galego ao alemán de seis poetas galegas: Luz Pozo, Chus Pato, Pilar Pallarés, Olga Novo, María do Cebreiro e Dores Tembrás.
Fonte: Faro de Vigo
Organizan un concurso para atopar palabras galegas en desuso

A asociación Docentes de Português na Galiza e AGAL organizan «Perdidos e achados», un concurso dirixido a alumnado de 3º da ESO a 2º de bacharelato, cuxo obxectivo é localizar palabras galegas en desuso que coincidan co código internacional da lingua portuguesa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase a sexta edición de Enreguéifate, un certame para promover a improvisación oral en galego

Os concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo presentaron a sexta edición de Enreguéifate, un certame que ten como obxectivo promover a regueifa como forma de improvisación oral e para fomentar o uso do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín