Galicia

Convócase unha nova edición dos Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan un ano máis este premio, que chega á súa edición número 23 baixo o lema ‘Prende o galego. Brilla con luz propia’, co obxectivo de visibilizar a utilidade que ten o galego como lingua instrumental no ámbito mercantil.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A Xunta colabora na publicación dunha antoloxía sobre os 25 anos de historia do certame de poesía de Carral

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Carral, Javier Gestal, presentaron no compostelán Pazo de San Roque a publicación Constelación de voces. 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral, editado por Espiral Maior no marco das celebracións polo 25 aniversario deste certame poético que impulsa o concello coruñés co apoio da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística recibe o Premio Xela Arias que outorgan os profesionais da tradución

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación decidiu outorgarlle o Premio Xela Arias á Mesa pola Normalización Lingüística polo seu papel no cambio da nova Lei xeral do audiovisual para incrementar a presenza do galego nas plataformas de televisión.

Fonte: Galicia Confidencial

A Deputación de Pontevedra crea un catálogo para a promoción da música galega e en galego

O Catálogo de grupos Musigal ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra, entre os que se repartirá para que poidan solicitar a actuación dos grupos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un novo web promove entre a mocidade creacións musicais e poéticas galegas e portuguesas co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da aplicación web play.aritmar.com, impulsada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover a música e a poesía galegas e portuguesas, especialmente entre a mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

María Rei Vilas gaña o Premio San Clemente en lingua galega

O XXVI Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, que outorga unha representación do alumnado de segundo de bacharelato dunha decena de institutos de Galicia, foi para a novela Flores de ferro, de María Rei Vila na categoría de lingua galega.

Fonte: Culturagalega.org

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo lanza unha publicación sobre lingua, cultura e literatura galegas

Cumieira das Letras é o título desta nova publicación, unha revista de periodicidade anual coa que se pretende dar a coñecer traballos científicos en galego sobre a lingua, literatura e cultura galegas.

Fonte: Universidade de Vigo

Preséntase a segunda edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Xaquina Trillo

O Concurso de Poesía en Lingua Galega Xaquina Trillo está dirixido este ano ao alumnado de bacharelato de toda Galicia ou mesmo de fóra. Os traballos, que se poden presentar ata o 30 de novembro, deben estar escritos en galego e a dotación económica increméntase a 300, 200 e 100 euros.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Ames celebra a gala de entrega de premios Galetiktokers 2022

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega de premios do certame Galetiktokers, unha iniciativa do Concello de Ames que ten como obxectivo fomentar a creatividade en lingua galega da rapazada a través das redes sociais.

Fonte: Concello de Ames

A Xunta celebra o ingreso de Gonzalo Navaza como novo membro de número da Real Academia Galega

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu na Coruña á sesión plenaria extraordinaria celebrada na sede da Real Academia Galega na que Gonzalo Navaza pronunciou o discurso de ingreso Nomes de persoa na toponimia de Lalín.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder