Galicia
A Xunta contribúe á celebración do bicentenario do concello de Paradela coa publicación dun libro elaborado por alumnado da contorna
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o colexio CEIP Plurilingüe San Miguel para participar na presentación do libro A Paradela dos máis novos, elaborado por estudantes de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato de Paradela e editado polo Colectivo Egeria coa colaboración da Xunta no marco das celebracións polo bicentenario do concello lucense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega publica un estudo sobre a incidencia na desgaleguización da infancia das actividades extraescolares e de conciliación

O Seminario de Sociolingüística realizou un novo estudo para afondar na análise dos factores que inflúen no abandono do galego durante a infancia. Nel constátase a importancia dos centros educativos e, máis concretamente, doutros espazos como as actividades extraescolares, de conciliación e deportivas.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música populares recuperan o seu certame para unha 15ª edición que reunirá en Celanova uns 400 músicos
Arredor de 400 músicos de oito formacións galegas daranse cita na fin de semana do 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova con motivo do XV Certame Galego de Bandas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Amador Castro gaña o premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega
Amador Castro gaña a XXXIV edición do premio Torrente Ballester de narrativa, convocado pola Deputación da Coruña, na súa modalidade en lingua galega coa novela Pronto hei de volver.
Fonte: Galicia Confidencial
Comeza o proceso para escoller a Palabra do Ano 2022 en lingua galega

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren o prazo para a recolla de suxestións ata o 11 de decembro de candidatas a Palabra do Ano 2022, unha iniciativa que ten como obxectivo difundir o léxico galego.
Fonte: Real Academia Galega
Unha campaña reclama o uso da toponimia oficial galega en navegadores e aplicacións

A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha a campaña 'Polo seu nome', presente na web e en redes sociais, que ten como obxectivo reclamar a utilización da toponimia galega, única lexítima e oficial, en navegadores e aplicacións de mapas dixitais.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta apoia as ‘Xornadas Florenciófilas’, que pechan en Valdeorras o ano das Letras dedicado á figura de Delgado Gurriarán
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración das Xornadas Florenciófilas, organizadas desde o proxecto "As letras de Florencio" co apoio da Xunta, a Real Academia Galega (RAG), a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega (CCG), o Instituto de Estudos Valdeorreses e os concellos da comarca de Valdeorras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta porá en marcha o vindeiro ano o observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

A Xunta porá en marcha o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade o vindeiro ano, tras o cumprimento de todos os trámites precisos e as correspondentes audiencia e información públicas. Creado co obxectivo de servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia, a nova entidade dependerá da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e terá a vicepresidencia a cargo da consellería competente en Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra presenta a oitava edición do programa “Nadal en Galego”
Grazas ao programa ‘Nadal en Galego’, o Apalpador, a tradicional figura do Nadal de Galicia, visitará este ano 46 concellos da provincia de Pontevedra para transmitir valores como a dinamización do galego, o respecto ao medio ou a alimentación saudable.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A V edición do Certame de Podcast ‘Xosé Mosquera Pérez' conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do V Certame de Podcast “Xosé Mosquera Pérez, O vello dos contos”, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín