Galicia
A Deputación da Coruña convoca a sexta edición do Concurso “Quero Cantar” para o fomento do uso da lingua galega

O Concurso “Quero Cantar”, dirixido a solistas ou grupos musicais integrados por rapaces e rapazas de ata 16 anos, ten como obxectivo promover o uso do galego, así como a creatividade poética e musical entre a poboación infantil e xuvenil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un proxecto rescata os tipos de letra galegos da Idade Media

O proxecto A Letra do Reino rescata a tipografía medieval galega que xa está dispoñible na rede para a súa descarga gratuíta. Este recurso creouse a partir de fontes que se empregaron en manuscritos e representacións pétreas e pictóricas da Idade Media en Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O xornalista Alberto Ramos recibe o XVI Premio Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol ao xornalista e escritor Alberto Ramos pola súa obra Os corpos dos Romanov.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O espectáculo ‘Política Sentimental’ arranca a súa xira dentro da programación da Xunta polo centenario de María Casares
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a xira do espectáculo escénico Política Sentimental. O encontro necesario entre María Casares e Albert Camus, organizada pola Xunta de Galicia como parte da ampla programación de actividades realizadas durante todo o ano para celebrar o centenario de María Casares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A firma de alimentación gourmet Carabuñas promove a literatura en galego nas súas cestas de Nadal
Carabuñas pon á venda na súa tenda en liña catro cestas de Nadal que inclúen libros de literatura infantil e xuvenil en galego no marco da súa campaña «O galego está para comelo».
Fonte: El Mundo Financiero
Nace Pipocas, un catálogo de contidos audiovisuais en galego

Pipocas é un catálogo en liña, impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística, que busca recoller todos os filmes e as series que están dobrados ou lexendados ao galego, para o que se irá actualizando constantemente.
Fonte: Galicia Confidencial
Xa se coñecen as finalistas que optan a converterse en Palabra do Ano 2022

As voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2022 son as seguintes: autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia. Trátase de seis vocábulos que conectan con temas de actualidade e preocupación social dos últimos doce meses. O público poderá votar pola súa opción favorita ata as 23:59 horas do vindeiro 25 de decembro.
Fonte: Real Academia Galega
O programa Nadal en Rede da Xunta arranca este venres con actividades nunha vintena de concellos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta de Galicia que arranca este venres e levará actividades para público familiar a unha vintena de concellos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo lanza o seu calendario de 2023 no que se denuncian os prexuízos sobre o uso do galego no ámbito universitario

O almanaque de 2023 da Universidade de Vigo foi deseñado polo ilustrador e humorista gráfico Luis Davila quen, nas viñetas que acompañan cada mes, ilustra os prexuízos que persisten sobre o uso do galego no eido universitario co obxectivo de desmontalos e combatelos.
Fonte: Universidade de Vigo
Ponte... nas ondas! recibirá o premio especial do xurado na sétima edición da gala aRi[t]mar

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se deron a coñecer os detalles da Gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas na que colabora a Xunta de Galicia e que reunirá o vindeiro xoves 15 de decembro no Teatro Principal de Santiago a parte dos galardoados nesta edición 2022.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín