Galicia
O Premio Nacional de Narrativa recae, por segundo ano consecutivo, nunha obra escrita en lingua galega

O galardón de 2022, que concede o Ministerio de Cultura e Deporte, foi para Marilar Aleixandre pola súa obra As malas mulleres. Deste xeito, unha novela escrita en galego gaña por segundo ano consecutivo este premio estatal, o que o converte na lingua máis premiada tras o castelán.
Fonte: La Vanguardia
As probas para a obtención dos certificados de lingua galega realizaranse na segunda quincena de novembro

As probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4, 3 e 2 terán lugar nas fins de semana do 19 e 20 e 26 e 27 de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización das devanditas probas, que se desenvolverán simultaneamente en Santiago de Compostela e Ponferrada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación convoca a quinta edición do Premio Xela Arias
O Premio Xela Arias creouse co obxectivo recoñecer o labor de empresas, entidades ou persoas que contribúan á promoción do uso do galego no mercado da tradución e da interpretación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Celébrase, un ano máis, o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística organiza un acto con motivo da celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito dos ritos funerarios e das últimas vontades.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O XIII Día da Ciencia en Galego homenaxeará a Évariste Galois e Ángeles Alvariño

A Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) promove a celebración do XIII Día da Ciencia en Galego, que este ano lles renderá homenaxe ao matemático francés Évariste Galois e á oceanógrafa galega Ángeles Alvariño.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Dúas exposicións homenaxean a Fuxan os Ventos e a Florencio Delgado Gurriarán en Lugo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición «Fuxan os Ventos. 50 anos de historia», unha mostra coorganizada pola Xunta de Galicia e o Concello de Lugo coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o apoio da Deputación de Lugo para homenaxear a unha das agrupacións folclóricas máis emblemáticas da música galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Estudantes do IES do Milladoiro obteñen certificacións oficiais en portugués grazas á inclusión desta lingua no seu programa de estudos
En total foron 35 os estudantes deste centro educativo os que obtiveron certificacións oficiais en portugués (32 do nivel B1 e tres do A2) tras a incorporación ao programa de estudos desta lingua no curso 2019-2020.
Fonte: La Voz de Galicia
Os Encontros para a Normalización Lingüística tratan o papel das artes na normalización do galego

Varios coñecidos creadores debaten sobre o poder das artes como ferramenta importante para a normalización do galego nesta edición XXIV destes encontros que ten como lema “Arte e lingua como ferramentas de construción masiva”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un proxecto promove a cultura galega contemporánea no exterior con materiais bilingües

O Consello da Cultura Galega presenta Galicia, unha cultura por descubrir, un proxecto que mostra no exterior o potencial creativo da cultura galega contemporánea. A través dun espazo web, dispoñible en galego e inglés, poden consultarse diferentes materiais, como pezas audiovisuais e outros recursos e contidos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Lugo acollerá un concurso de monólogos científicos en galego

O Auditorio do Vello Cárcere (Lugo) acollerá o 5 de novembro "Ciencia Calidade", un concurso de monólogos en galego no que oito persoas divulgarán contidos científicos de forma amena en menos de 3 minutos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín