Galicia

O Concello de Redondela demanda o uso do galego no Boletín Oficial do Estado

O Concello de Redondela denunciou que dende hai tempo non está dispoñible a versión en galego do Boletín Oficial do Estado (BOE), polo que lle trasladou ao Ministerio da Presidencia unha solicitude para que rectifique esta carencia.

Fonte: Radio Redondela

A Xunta recoñece as mellores propostas no ámbito da creación de videoxogos dentro do certame Xuventude Crea 2022

O equipo formado por María Santalla Martínez e Daniel Alejandro Santiago Mayoral fixéronse co galardón do certame Xuventude Crea 2022 na especialidade de Creación de videoxogos coa proposta ‘K.I.W.I’. A través deste programa, o Executivo autonómico recoñece o talento e a creatividade da mocidade galega en distintas categorías.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os certames ‘Inventa en galego’ e ‘Novos poliedros’ premian a innovación científica e o uso da lingua galega entre a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque no acto de entrega da última edición dos certames Novos Poliedros e Inventa en galego, convocados co gallo do Mes da Ciencia en galego por Igaciencia -Institución Galega da Ciencia- coa colaboración da Xunta de Galicia para promover entre a mocidade a innovación tecnolóxica en lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Silleda organiza un ano máis o certame Silledagasalla con lemas en galego

O Concello de Silleda organiza unha nova edición de Silledagasalla, un certame de Nadal organizado en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio da vila co que se quere fomentar o galego a través de adhesivos con lemas nesta lingua que se reparten nos establecementos comerciais para acompañar os agasallos.

Fonte: Faro de Vigo

A Xunta impulsa o intercambio cultural e lingüístico de 200 alumnos galegos con escolares das rexións de Hauts-de-France e Bretagne

Un total de 200 alumnos e 20 profesores de 3º e 4º de ESO participará nos programas de intercambio con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France (a través do programa Galimiens) e Bretagne.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello do Porriño convoca un concurso infantil de postais de Nadal co que busca dinamizar o uso do galego

Por segundo ano convócase este concurso infantil de postais que ten como obxectivo promover que as nenas e nenos demostren a súa creatividade e, ao mesmo tempo, dinamizar o uso da lingua galega no grupo de idade entre os 3 e os 14 anos.

Fonte: Telemariñas

A Xunta de Galicia abre a convocatoria para a tradución de obras en galego a outras linguas

Trátase da terceira edición da Residencia Xacobeo para tradutoras e tradutores de literatura galega, unha iniciativa convocada pola Xunta en colaboración coa Residencia Literaria 1863 para que profesionais da tradución de todo o mundo viaxen á Coruña para desenvolver o seu labor.

Fonte: La Opinión

Convócase unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan a edición 2022-2023 dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”. O certame conta con tres categorías: segundo ciclo de educación infantil, primeiro e segundo de educación primaria, e terceiro e cuarto de educación primaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Xa poden consultarse en aberto todos os títulos da colección Esenciais, unha ferramenta que permite achegar o galego á docencia

A colección Esenciais está formada por corenta títulos que xa poden consultarse en aberto a través da Libraría Dixital da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Unesco inscribe o programa educativo galego Ponte...nas Ondas! no Rexistro de Boas Prácticas

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, celebra como un gran logro para Galicia a entrada do programa educativo Ponte...nas Ondas! no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder