Galicia
Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas para a súa edición de 2022
Este certame, organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa ten os finalistas desta sexta edición para os seus oito premios que se disputarán 22 propostas.
Fonte: Galicia Confidencial
Nace a editorial Boadicea especializada en obras de fantasía e ciencia ficción en galego
Boadicea é unha nova editorial, fundada por Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López, que nace co obxectivo de consolidar unha produción de obras en galego centradas na fantasía, a ciencia ficción e o medo.
Fonte: Culturagalega.org
Segundo os datos do INE, o castelán é a lingua maioritaria en Galicia
O Instituto Nacional de Estatística (INE) presentou novos datos demolingüísticos sobre o coñecemento e uso das linguas. No que respecta a Galicia, o máis salientable é que por primeira vez móstrase que o castelán xa é a lingua de uso maioritario nesta comunidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O libro ‘100 anos do Día de Galicia’ conmemora o centenario da institución da festividade do 25 de xullo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume 100 anos do Día de Galicia, da historiadora Gemma Rodríguez Alonso.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Rueda subliña que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas, na parroquia de Esgueva (O Carballiño), reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta conclúe o ano de Florencio Delgado Gurriarán coa presentación da XLV entrega dos ‘Cadernos Ramón Piñeiro’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Pazo de San Roque na presentación da XLV entrega dos Cadernos Ramón Piñeiro titulada Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán, unha obra coa que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades lle rende unha homenaxe ao autor de Valdeorras, figura destas Letras Galegas 2022.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Entréganse en Santiago os Premios Manuel Beiras que poñen en valor as empresas que empregan o galego na súa comunicación

O Teatro Principal acolleu a gala de entrega dos Premios Manuel Beiras que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio que celebraron a súa XXIII edición baixo o lema «Prende o galego. Brilla con luz propia» na que resultaron galardoadas as empresas Kómic Librería, Abeluria e Orixe.
We Robots Academy e SOMA Centro de Terapia Integral gañan a quinta edición do Premio Lingua e Empresa
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega da quinta edición dos premios Lingua e Empresa que convoca o Concello de Ames para fomentar o uso do galego no ámbito empresarial.
Fonte: Concello de Ames
Galicia lidera xunto a nove socios internacionais un ambicioso proxecto para promover a diversidade cultural e lingüística de Europa a través do teatro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, presentaron Phōnē, o proxecto que o Goberno galego lidera xunto a nove socios internacionais co obxectivo de contribuír á salvagarda da diversidade cultural e lingüística en Europa conectando as persoas a través do teatro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O espazo web Proxector ofrece unha selección de audiovisuais en galego sobre a riqueza dos montes de Galicia

O especial de decembro de Proxector ofrece, baixo o título "Montes e montañas: un tesouro patrimonial e económico de Galicia", unha selección de audiovisuais en galego para a docencia sobre toponimia, paisaxe, lendas, silvicultura ou desenvolvemento rural.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín