Galicia

Valentín García participa na homenaxe a Xesús Mato

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na dobre presentación do libro Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos, unha homenaxe ao crego e musicólogo fillo predilecto do concello de Paradela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Estrada convoca os seus tres premios literarios en lingua galega

Xa está aberto o prazo para participar nos tres premios literarios que convoca o Concello da Estrada: o de poesía Avelina Valladares, o de novela Manuel García Barros e o de álbum ilustrado Alberte Quiñoi.

Fonte: Faro de Vigo

Convócanse probas de avaliación das competencias clave en comunicación en lingua galega

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca probas de avaliación en competencias clave, entre as que está a comunicación en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un total de 35 concellos asina a Declaración de Pontevedra para impulsar o uso do galego nas súas relacións coa Xustiza

A Deputación de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega e a Xunta da Galicia, xunto a 35 concellos da provincia, asinaron Declaración de Pontevedra, un manifesto no que se comprometen a impulsar o uso do galego nas relacións entre as corporacións locais e a Xustiza.

Fonte: Deputación de Pontevedra

O volume ‘Unha amizade con Ferrol ao fondo’ editado co apoio da Xunta reúne a correspondencia entre os escritores Carvalho Calero e Tomás Barros

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Unha amizade con Ferrol ao fondo. Correspondencia entre Carvalho Calero e Tomás Barros (1947-1983), do catedrático da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A cantora galaico-portuguesa María do Ceo celebra os seus 25 anos de carreira cun disco dedicado a Galicia e á lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do último traballo da cantora galaico-portuguesa María do Ceo, Galicia Nai, un libro disco dedicado integramente a Galicia e á lingua galega co que a intérprete celebra os seus 25 anos de carreira musical e que conta co apoio da Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu a segunda edición dos Premios Galegos da Regueifa

A segunda edición dos Premios Galegos da Regueifa, Espalla Rimas 2023, é unha iniciativa de La Voz de Galicia, pola que se reuniu en Carballo ao mellor da improvisación oral.

Fonte: La Voz de Galicia

Entidades en defensa do galego, o catalán e o éuscaro renderanlles homenaxe en Santiago de Compostela a Rosalía e a Castelao

O vindeiro 22 de xaneiro o Panteón de Galegos Ilustres acollerá unha homenaxe a Rosalía de Castro e a Castelao nun acto no que participarán entidades sociais en defensa do galego, o éuscaro e o catalán.

Fonte: Diario de Arousa

Unha serie de vídeos breves unen galego e deporte grazas á iniciativa «Adestra a túa lingua»

Ao abeiro da iniciativa «Adestra a túa lingua», Suseia SCG produce sete vídeos breves que, ademais de información deportiva, tratan de normalizar o uso de termos técnicos en galego deste ámbito pouco coñecidos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Publícase en liña o Calendario Científico Escolar en lingua galega

A Universidade da Coruña, en colaboración co CSIC, publica en galego o Calendario Científico Escolar que inclúe, ademais das efemérides dos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía, unha guía didáctica para a educación primaria e a secundaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder