Galicia

A Xunta e Ronsel de Ideas lanzan o xogo familiar ‘Ti es a chave da primavera’ co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna

Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o Goberno galego, en colaboración con Ronsel de Ideas, lanza o xogo familiar «Ti es a chave da primavera», un conto dixital interactivo que ten como obxectivo concienciar sobre a transmisión da lingua galega como unha chave para o futuro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Poio pon en marcha unha campaña para impulsar o uso do galego no ámbito educativo

A concelleira de Dinamización Lingüística de Poio presentoulles aos centros de ensino do municipio a campaña #FalaBonito, cuxo obxectivo é fomentar o uso do galego en diferentes niveis educativos.

Fonte: Concello de Poio

O Concello de Redondela presenta un innovador proxecto para impulsar o uso do galego na infancia

O proxecto «A cápsula do tempo» está dirixido ás escolas de Educación Infantil, ás que se lles entrega unha caixa con libros que fomentan o emprego do galego, unha bolsa da merenda, lapis de cores ou unha friameira.

Fonte: Concello de Redondela

A Xunta solicita que a lingua galega forme parte da plataforma Online Language Support do programa Erasmus+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Estrasburgo na sesión do Intergrupo de Minorías Nacionais e Linguas do Parlamento Europeo para tratar a inclusión do galego, o catalán e o éuscaro na plataforma Online Language Support (OLS) do programa Erasmus +.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Outes organiza unha campaña para impulsar o uso do galego no comercio local

Ao abeiro desta campaña, que ten como lema «En Outes, en galego!», distribuiranse adhesivos, folletos explicativos, bolsas de tea e outros artigos co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega e o consumo no comercio local.

Fonte: La Voz de Galicia

A RAG e o Concello de Ames traballan nun proxecto para a dinamización da lingua galega na infancia e a mocidade

A Real Academia Galega e o Concello de Ames continúan a súa colaboración en materia de lingua e infancia e mocidade co desenvolvemento do proxecto colaborativo «Modo galego, actívao!» co que se impulsarán iniciativas de dinamización lingüística fóra das aulas.

Fonte: Real Academia Galega

Bota a andar a duodécima edición de ‘Lingua de namorar’, o certame da Xunta que promove as declaracións de amor en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentaron no Pazo de San Roque a duodécima edición do certame Lingua de namorar, o concurso de declaracións de amor en galego impulsado polas consellerías de Cultura e Política Social para dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Denuncian a discriminación do galego nas probas de acceso á universidade

O sindicato CIG-Ensino denuncia que a última versión do Ministerio de Educación e FP para regular a proba de acceso á universidade (ABAU) é discriminatoria para o galego e esixe o mesmo trato que para o castelán.

Fonte: Galicia Confidencial

Unhas xornadas da Universidade de Vigo tratarán as saídas laborais das persoas tituladas de estudos de galego

Antigos estudantes de estudos de galego da Universidade de Vigo explicaranlle ao alumnado actual as posibles saídas no mundo laboral desta titulación, entre as que figuran a investigación, a docencia, o asesoramento lingüístico, a xestión cultural...

Fonte: Universidade de Vigo

Máis de 4500 persoas participaron na quinta edición do programa de dinamización lingüística ‘21 días co galego e +’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron no IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) na clausura do programa de dinamización lingüística «21 días co galego e +», iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que nesta quinta edición implicou 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder