Galicia

A Deputación de Pontevedra publica as bases de subvencións dirixidas aos concellos para actividades de dinamización do galego

Convócanse dúas liñas de axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega no ano 2023, unha para os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes e outra para entidades culturais sen ánimo de lucro.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta e a Fundación Rosalía de Castro conmemoran o 186 aniversario do nacemento da poeta galega máis universal

A Xunta de Galicia conmemora o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha programación organizada xunto coa Fundación que leva o nome da autora de Cantares gallegos e que arrincou no Instituto Camilo José Cela de Padrón cunha lectura de poemas diante da estatua da homenaxeada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega alerta sobre a “presión desgaleguizadora” do ensino

Segundo o académico Henrique Monteagudo os nenos e adolescentes galegofalantes sofren unha "presión desgaleguizadora" cando acceden ao sistema educativo, tanto nas aulas como na súa relación cos compañeiros e compañeiras.

Fonte: Nós Diario

A Real Academia Galega publica un novo volume de onomástica que trata os seus vínculos coa literatura

Unha publicación da RAG recolle as contribucións presentadas o pasado mes de outubro de 2022 na VII Xornada de Onomástica Galega baixo o título Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta celebra o Día Internacional da Lingua Materna cunha proposta musical para os máis cativos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Escola Infantil de Vite de Santiago de Compostela nos actos organizados pola Xunta de Galicia para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna e nos que o alumnado do centro gozou do concerto de música infantil Gatuxo a cargo de Magín Blanco e María Faltri.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha nova web reunirá traducións ao inglés de literatura galega

A editorial Small Stations Press acaba de lanzar Galician Reader, unha nova web que recolle fragmentos de libros en galego traducidos ao inglés de máis de dez autoras e autores, e que irán incrementando nos próximos meses.

Fonte: Galicia Confidencial

Nace falAI, un proxecto que recollerá voces en galego para xerar ferramentas de interacción co mundo dixital

O proxecto falAI, desenvolvido por atlanTTic e a empresa Balidea, ten como obxectivo recompilar voces en galego que permitan xerar ferramentas de interacción co mundo dixital en galego. Co cancelo #A30frases, procurarase a participación do maior número de persoas posible para que graven a súa voz lendo 30 frases coas que se compoñerá un corpus lingüístico que permita adestrar un asistente conversacional por voz.

Fonte: Universidade de Vigo

Preséntase unha nova edición do Correlingua, a carreira a prol do galego que percorrerá as rúas o vindeiro mes de maio

A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e a AS-PG presentan a nova edición do Correlingua que este ano terá como lema “Na casa, na escola, bota a lingua fóra!”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta e a Fundación Rosalía de Castro conmemoran o 186 aniversario da autora cunha ampla programación

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, presentaron a programación que a Xunta de Galicia e a propia fundación organiza co gallo do aniversario da autora de Follas Novas o 23 de febreiro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O colexio Juan Rey de Lourenzá e o Instituto Castelao de Vigo, gañadores do concurso das Letras Galegas da Xunta para homenaxear a Fernández del Riego

O concurso convocado pola Xunta de Galicia para promover entre os escolares o Día das Letras Galegas 2023 a través dunha exposición sobre o autor homenaxeado acaba de ser resolto e xa ten gañadores. Trátase do colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá e do instituto IES Castelao de Vigo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder