Galicia

Publícase a resolución das axudas á edición de publicacións periódicas en lingua galega

A Secretaría Xeral de Medios publicou no DOG a resolución da convocatoria de axudas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Oleiros convoca unha nova edición do seu premio literario co que persegue promover o galego e dar a coñecer o municipio

Trátase da novena edición do certame ‘Descubrindo Oleiros’, un premio co que o Concello busca fomentar a lingua galega e dar a coñecer diferentes lugares do municipio.

Fonte: El Ideal Gallego

Convócanse as axudas para o fomento do galego no ensino

A Xunta de Galicia publicou dúas convocatorias de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego no ámbito do ensino non universitario durante o curso 2022/2023, unha dirixida a centros de titularidade pública e outra a centros de titularidade privada.

Fonte: Consello da Cultura Galega

«Comadre» convértese na Palabra do Ano 2022 en lingua galega

Comadre, unha das seis voces finalistas na votación popular promovida pola RAG e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras, converteuse na Palabra do Ano 2022 con máis do dobre de votos que o segundo vocábulo máis apoiado, candorca. O terceiro termo en votos foi ecocidio, seguido de resiliencia, autoestima e inflación.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta concede o V Premio CGAC de investigación e ensaio ao doutor en Filoloxía Hispánica Jorge Fernández Gonzalo

A Xunta de Galicia concedeu o V Premio CGAC de investigación e ensaio a Jorge Fernández Gonzalo polo traballo A caverna baleira. Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente que acadou a máxima puntuación, vistas as deliberacións do xurado nomeado para o efecto.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

‘A mística da feminidade en Mad Men’, de Xosé Antón Cascudo, gaña o XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

A obra A mística da feminidade en Mad Men, de Xosé Antón Cascudo, resultou gañadora do XXII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que organizan conxuntamente a Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa se coñecen as persoas gañadoras do Premio Daniel Domínguez de guión en galego

Lúa García, M.ª Inés Cuadrado e Alberto Guntín, autores do guión Acotío, son os gañadores do IV Premio Daniel Domínguez de guión en galego polo que recibirán 2000 euros, así como unha subscrición gratuíta ilimitada ao mercado en liña da plataforma Filmarket Hub.

Fonte: Culturagalega.org

Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas para a súa edición de 2022

Este certame, organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa ten os finalistas desta sexta edición para os seus oito premios que se disputarán 22 propostas.

Fonte: Galicia Confidencial

Nace a editorial Boadicea especializada en obras de fantasía e ciencia ficción en galego

Boadicea é unha nova editorial, fundada por Alba Rozas, José Manuel Dopazo e Marcos López, que nace co obxectivo de consolidar unha produción de obras en galego centradas na fantasía, a ciencia ficción e o medo.

Fonte: Culturagalega.org

Segundo os datos do INE, o castelán é a lingua maioritaria en Galicia

O Instituto Nacional de Estatística (INE) presentou novos datos demolingüísticos sobre o coñecemento e uso das linguas. No que respecta a Galicia, o máis salientable é que por primeira vez móstrase que o castelán xa é a lingua de uso maioritario nesta comunidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder