Galicia
O IES As Telleiras de Narón ofrece en braille unha escolma de poemas da literatura galega
Este centro de secundaria puxo en marcha unha iniciativa na que se mestura literatura galega, inclusión e creatividade a través dun proxecto cuxo resultado foi unha selección de poemas de vangarda en alfabeto braille.
Fonte: La Voz de Galicia
Xa se coñecen os proxectos gañadores da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras

A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego recoñeceu o labor destes catro programas: Asociación Faladoiros Vigo, Caranvexo TV, Laboratorio de Apoderamento Lingüístico e Na Utopía.
Fonte: Premios Mil Primaveras
Denuncian que Naturgy reduciu o horario de atención telefónica en lingua galega
A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou que Energy reduciu o horario da liña de atención telefónica en galego, o que, segundo este sindicato, evidencia unha falta de compromiso coa sociedade galega.
Fonte: Nós Diario
O Concello de Tomiño organiza un ano máis o concurso de deseño de camisetas para promover a creatividade en lingua galega
O Concello de Tomiño convoca unha nova edición do concurso de deseño da camiseta para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, no que se valorará que busque a promoción do uso do galego en todos os ámbitos.
Fonte: Faro de Vigo
O Concello de Soutomaior organiza un certame que mestura comunicación, mocidade e lingua galega
O concurso “Verbas para comunicar”, destinado a estudantes de ESO e Bacharelato, consiste na presentación dun traballo, en formato texto ou audiovisual, que debe estar en lingua galega e transmitir unha idea, sentimento, opinión etc.
Fonte: Faro de Vigo
A Xunta e Casio presentan a nova calculadora científica que inclúe por primeira vez a configuración en lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo modelo da calculadora ClassWiz, de Casio que, por primeira vez, e coincidindo co décimo aniversario do seu lanzamento, inclúe a lingua galega entre as súas opcións de configuración. Deste xeito, esta ferramenta científica xa pode usarse en cinco linguas diferentes: galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza o festival Carballo Interplay coa entrega dos premios aos contidos en galego
Comeza a décima edición do Carballo Interplay coa entrega dos premios Dinoescolas, que teñen como obxectivo promover a creación de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo organiza unha campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais
O alumnado da Facultade de Comunicación puxo en marcha esta campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais a través das etiquetas #ComunicaEnGalego23 e #talentofcom.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns da II edición do seu certame para estudantes de ESO e Bacharelato

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos galardóns do II Premio Otero Pedrayo para Estudantes de ESO e Bacharelato, organizados co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e recoñecemento desta figura singular.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta intensifica o seu traballo pola diversidade lingüística nas plataformas audiovisuais

A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, na que participan as comunidades autónomas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Navarra, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, celebrou na sede da Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura de Baleares a súa reunión ordinaria anual para abordar diferentes temas de interese e deseñar e coordinar accións conxuntas de promoción das súas linguas propias, centrándose especialmente no traballo das plataformas audiovisuais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín