Galicia
A Universidade de Santiago organiza a novena edición do Concurso literario Mazarelos
Este certame ten como obxectivo fomentar a creatividade do alumnado universitario e de desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras deste ámbito da cultura.
O alumnado do colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas polo traballo “Desde a fiestra de don Paco”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do premio convocado pola Xunta de Galicia Concurso-Exposición Letras Galegas 2023, na categoría Infantil e Primaria, ao colexio CEIP Juan Rey de Lourenzá.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria
A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha o novo programa pedagóxico ‘Educa Audiovisual’ para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preto de 150 estudantes participan no primeiro Encontro Lusófono organizado polo Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no primeiro Encontro Lusófono promovido desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de Lingua Galega e Literatura, así como de Xeografía e Historia, do Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo coa colaboración da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Cabanas convoca o seu Certame de Poesía e Microrrelato para impulsar o uso e o prestixio do galego

O IV Certame de Poesía e Microrrelato enmárcase na programación de Cabanas para celebrar o Día das Letras Galegas e ten como obxectivo fomentar o uso e o prestixio da lingua galega.
Fonte: Concello de Cabanas
O paseo das Palabras do Ano en Lugo incorpora o termo «comadre»
A rúa Menorca de Lugo acolle o paseo das Palabras do Ano, onde se vén de instalar «comadre», escollida no 2022 a través do Portal das Palabras nunha iniciativa que pretende que a cidadanía galega escolla cada decembro un termo en galego.
Fonte: Nós Diario
Ponse en marcha «Subscríbete ao galego», unha iniciativa para fomentar o uso do galego na rede

A Asociación de Medios en Galego, a provedora de servizos de Dinahosting e a Asociación PuntoGal organizan a campaña «Subscríbete ao galego», coa que pretenden incrementar e apoiar a comunidade de creación de contido en galego e impulsar o uso desta lingua en internet.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Ames organiza a IV Festa do Apego para fomentar a transmisión interxeracional do galego
O sábado día 6 de maio celebrarase en Ames a cuarta edición da Festa do Apego cun programa de actividades que inclúe contos, xogos, música, monicreques, obradoiros etc. Esta celebración enmárcase na iniciativa Apego, na que participan varios concellos que apostan polo impulso da transmisión do galego como lingua inicial.
Fonte: Concello de Ames
A Universidade da Coruña convoca o XI Premio de Tradución para o Galego
O Premio de Tradución para o Galego, organizado pola Facultade de Filoloxía e o Servizo de Normalización Lingüística, diríxese ao alumnado da Universidade da Coruña.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O IES Leiras Pulpeiro de Lugo presenta un glosario caló-galego
O alumnado do IES Leiras Pulpeiro elaborou o Glosario caló-galego, cuxo obxectivo é difundir a cultura xitana entre a comunidade educativa a través dunha listaxe de palabras ou frases na lingua caló coas súas equivalencias en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín