Galicia
A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinada á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina durante este ano 200 000 euros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta conmemorará o 17 de maio tamén desde o ámbito deportivo coa IX carreira Camiño das Letras
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades colabora un ano máis coa Carreira Camiño das Letras, unha proba cultural e deportiva impulsada por Xurdir que ten por obxectivo celebrar as Letras Galegas e poñer en valor o Camiño de Santiago a través do deporte.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta galardoa as mellores declaracións de amor do duodécimo certame Lingua de namorar

A Xunta de Galicia anunciou os nomes dos gañadores das mellores declaracións de amor en galego presentadas nesta undécima edición do certame Lingua de namorar. Un total de 2615 persoas (99 mozas e mozos e 2516 votantes) participaron neste concurso que procura dinamizar o uso da lingua galega entre a xuventude, tanto nas súas relacións persoais como na internet.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo un informe da Mesa pola Normalización Lingüística, a programación televisiva infantil en galego non chega nin ao 1 %
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o Informe Xabarín 2023, no que se analiza a presenza do galego nos contidos televisivos para a infancia e a mocidade. No conxunto das operadoras analizadas (Movistar, Vodafone, R e Orange), o galego só ten presenza 2 horas e 25 minutos ao día (sempre nas emisións da TVG2).
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Ourense convoca unha nova edición do certame Ouff Escola

O certame Ouff Escola, que este ano chega á súa edición número 14, ten como obxectivos impulsar o uso do galego entre a mocidade, fomentar a creatividade audiovisual e promover o traballo en equipo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Pontevedra promove un certame para impulsar o uso da lingua galega na creación musical

O certame Música nas Letras 2023, organizado polo Concello de Pontevedra para celebrar o Día das Letras Galegas, ten como obxectivo incentivar o uso do galego na creación musical.
Fonte: Concello de Pontevedra
Quince novos títulos incorpóranse á colección Esenciais, unhas guías que permiten achegar o galego á docencia
A colección Esenciais incorpora quince novos títulos que pretenden converterse nun recurso de apoio ao traballo do profesorado e do alumnado. Trátase de resumos en galego dunha materia ou dunha parte dela para utilizar como unha guía de referencia para a aprendizaxe dos contidos.
A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para a impulsar a creación de obras audiovisuais en galego

Estas axudas están dirixidas a impulsar a creación de obras audiovisuais en galego a través do apoio á escrita de guións, á realización e posprodución de curtametraxes e á produción de longametraxes.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación da Coruña publica a resolución das subvencións para os servizos municipais de normalización lingüística
Publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a resolución das axudas dirixidas á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais durante o ano 2023.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Facultade de Psicoloxía organiza unha xornada sobre os beneficios do uso do galego con pacientes falantes desta lingua
O 3 de maio a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago acollerá unha xornada na que se tratarán os beneficios do uso do galego con pacientes galegofalantes no ámbito profesional da psicoloxía.
Boletín
Subscríbase ao boletín