Galicia
A Universidade de Santiago organiza un certame de vídeos para promover o uso do galego como lingua de divulgación científica
O concurso de vídeos «Vémolo Nós», do que se celebra a primeira edición, ten como obxectivo impulsar a produción e a difusión de vídeos curtos fomenten o uso do galego como lingua de divulgación científica que sexan de utilidade para a docencia no ámbito universitario.
Preto de 700 persoas danse cita no monte Gaiás para celebrar o ‘I encontro 21 días co galego e+’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no primeiro encontro que reuniu unha ampla representación do alumnado e do profesorado participante na V edición do programa de dinamización lingüística «21 días co galego e+», promovido pola Xunta co obxectivo de estimular o uso oral da lingua galega entre a xente nova tanto dentro como fóra dos centros de ensino.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publícase en liña un completo atlas en galego da xeografía de Europa
O Atlas de Europa, editado por Andavira Editora, está destinado principalmente ao alumnado de primaria e secundaria. Nel trátase a xeografía política, humana, económica e social do continente europeo. Pódese descargar de balde desde o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Culturagalega.org
Volven os cursos de verán “Galego sen fronteiras” para que alumnado de todo o mundo poida aprender esta lingua

Os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” volverán impartirse en Santiago de Compostela este verán, tras a súa interrupción pola pandemia. Esta actividade, que se desenvolverá entre o 3 ao 24 de xullo, está destinada a alumnado de todo o mundo para que aprenda galego.
Fonte: Real Academia Galega
A Universidade de Vigo publica un estudo sociolingüístico sobre o mirandés
Persente i futuro de la lhéngua mirandesa: Studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas é un estudo sociolingüístico que se converte no primeiro libro en mirandés editado por unha universidade.
Fonte: Universidade de Vigo
Román Rodríguez abre vías de colaboración con Prime Video para o incremento do uso do galego na plataforma

O conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse co xefe de Contidos de Prime Video España, Ricardo Cabornero, para abordar vías de colaboración conxunta dirixidas a aumentar a inclusión de producións audiovisuais en galego na plataforma.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As Letras Galegas celebran a súa 60 edición con máis dun centenar de actividades arredor de Francisco Fernández del Riego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na Cidade da Cultura na presentación da programación das Letras Galegas 2023, que chegan á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra publica as bases de subvencións dirixidas aos concellos para actividades de dinamización do galego
Convócanse dúas liñas de axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega no ano 2023, unha para os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes e outra para entidades culturais sen ánimo de lucro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e a Fundación Rosalía de Castro conmemoran o 186 aniversario do nacemento da poeta galega máis universal

A Xunta de Galicia conmemora o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha programación organizada xunto coa Fundación que leva o nome da autora de Cantares gallegos e que arrincou no Instituto Camilo José Cela de Padrón cunha lectura de poemas diante da estatua da homenaxeada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega alerta sobre a “presión desgaleguizadora” do ensino
Segundo o académico Henrique Monteagudo os nenos e adolescentes galegofalantes sofren unha "presión desgaleguizadora" cando acceden ao sistema educativo, tanto nas aulas como na súa relación cos compañeiros e compañeiras.
Fonte: Nós Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín