Galicia

O Concello de Tomiño organiza un ano máis o concurso de deseño de camisetas para promover a creatividade en lingua galega

O Concello de Tomiño convoca unha nova edición do concurso de deseño da camiseta para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023, no que se valorará que busque a promoción do uso do galego en todos os ámbitos.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Soutomaior organiza un certame que mestura comunicación, mocidade e lingua galega

O concurso “Verbas para comunicar”, destinado a estudantes de ESO e Bacharelato, consiste na presentación dun traballo, en formato texto ou audiovisual, que debe estar en lingua galega e transmitir unha idea, sentimento, opinión etc.

Fonte: Faro de Vigo

A Xunta e Casio presentan a nova calculadora científica que inclúe por primeira vez a configuración en lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo modelo da calculadora ClassWiz, de Casio que, por primeira vez, e coincidindo co décimo aniversario do seu lanzamento, inclúe a lingua galega entre as súas opcións de configuración. Deste xeito, esta ferramenta científica xa pode usarse en cinco linguas diferentes: galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Comeza o festival Carballo Interplay coa entrega dos premios aos contidos en galego

Comeza a décima edición do Carballo Interplay coa entrega dos premios Dinoescolas, que teñen como obxectivo promover a creación de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Vigo organiza unha campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais

O alumnado da Facultade de Comunicación puxo en marcha esta campaña para visibilizar os creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais a través das etiquetas #ComunicaEnGalego23 e #talentofcom.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns da II edición do seu certame para estudantes de ESO e Bacharelato

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos galardóns do II Premio Otero Pedrayo para Estudantes de ESO e Bacharelato, organizados co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e recoñecemento desta figura singular.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta intensifica o seu traballo pola diversidade lingüística nas plataformas audiovisuais

A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, na que participan as comunidades autónomas de Galicia, Euskadi, Cataluña, Navarra, Illas Baleares e Comunidade Valenciana, celebrou na sede da Consellería de Fondos Europeos, Universidade e Cultura de Baleares a súa reunión ordinaria anual para abordar diferentes temas de interese e deseñar e coordinar accións conxuntas de promoción das súas linguas propias, centrándose especialmente no traballo das plataformas audiovisuais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago convoca dous novos certames para impulsar o uso do galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria lanza unha nova convocatoria dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’ que teñen como obxectivo incentivar o uso do galego entre o seu alumnado.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O presidente da RAG demanda máis apoio para a educación e os medios en lingua galega

O presidente da Real Academia Galega defende en Cádiz, no IX Congreso Internacional da Lingua Española, a pluralidade cultural e lingüística do Estado español e demanda máis apoio para garantir a presenza do galego nos medios de comunicación e no sistema educativo.

Fonte: Galicia Confidencial

O escritor Suso de Toro cede gravacións do seu fondo sonoro ao Consello da Cultura Galega

O escritor Suso de Toro e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asinaron un acordo polo que o autor cede unha parte do seu fondo sonoro á institución. Entre as gravacións destaca unha longa conversa con Ramón Piñeiro.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder