Galicia
O Observatorio da Sociedade da Información analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) celebrou o seu pleno anual, onde se deu a coñecer o plan de traballo para esta anualidade, que inclúe dous novos estudos sobre a dixitalización das persoas maiores e uso do galego no eido dixital.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra concede axudas municipais para actividades de dinamización do galego
A Deputación de Pontevedra destinou unha partida de 150 000 euros ás axudas para actividades para dinamización da lingua galega entre 34 concellos da provincia.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Real Academia Galega lanza unha aplicación para aprender léxico galego dun xeito divertido

“Ximnasio Léxico” é unha aplicación de xogos, baseada no Dicionario da RAG, que ten como obxectivo aprender e afianzar o léxico galego e que xa está dispoñible para dispositivos móbiles de Android e iOS.
Fonte: Real Academia Galega
Galicia difunde a súa literatura medieval en Xapón a través do libro Convite para as Cantigas de Santa María
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do volume Convite para as Cantigas de Santa María, elaborado por Takekazu Asaka, profesor emérito da Universidade Tsudajuku de Toquio, co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez salienta a importante contribución da Lei de normalización lingüística para garantir avances no uso do galego nos últimos 40 anos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, referiuse aos avances que a Lei de normalización lingüística de Galicia supuxeron para garantir que, 40 anos despois, “a lingua galega estea presente en todos os ámbitos”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e Galaxia convocan a XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que fomenta o debate e a reflexión sobre temas de actualidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa en que se presentaron as bases da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Caixa Rural Galega. O obxectivo deste certame, que homenaxea a figura deste intelectual, é impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre en lingua galega, así como fomentar o debate e reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A webserie Pringadas convértese na primeira serie orixinal en galego na plataforma Filmin

A webserie Pringadas, dirixida por Belén Piume, é a primeira serie creada en galego que se ofrece no catálogo da plataforma dixital Filmin, na que xa está dispoñible a primeira tempada.
Fonte: Culturagalega
A Real Academia Galega e PuntoGal dan a coñecer as historias gañadoras no VI Concurso de microrrelatos
Nove historias resultaron gañadoras no VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, no que participaron máis dun milleiros de persoas con textos de ata 200 palabras.
Fonte: Real Academia Galega
Preséntase o Novo Testamento en lingua galega
Esta versión en galego do Novo Testamento é unha iniciativa promovida por Wycliffe Associates e executada por un grupo de tradutores galegos.
Fonte: Faro de Vigo
Camilo Nogueira e Carlos Varela reciben unha homenaxe polo seu impulso do galego no ámbito da xustiza
O político Camilo Nogueira e o xurista Carlos Varela recibiron a insignia de honra da Irmandade Xurídica Galega polo seu impulso da Lei de normalización lingüística e o seu traballo a prol desta lingua no ámbito xudicial.
Fonte: Nós Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín