Galicia
Denuncian no Parlamento Europeo as restricións ao galego na nova lei audiovisual
A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Galega de Produtoras Independentes e o Grupo de Estudos audiovisuais da Universidade de Santiago denunciaron as dificultades que supón para a normalización do galego a nova lei española do audiovisual.
Fonte: La Vanguardia
A Xunta convoca o V Concurso de Podcast Radio na Biblio centrado en Francisco Fernández del Riego
A Xunta de Galicia, en colaboración coa Radio Galega, vén de convocar o V Concurso de Podcasts-Radio na biblio, que este ano se centra na figura de Francisco Fernández del Riego. Nesta edición promóvense os traballos enfocados a salientar a valoración da lingua materna, reforzar a lectura en galego ou o achegamento ao mundo da edición e da tradución.
Fonte: Xunta de Galicia
Pontevedra acollerá os días 5 e 6 de maio unha nova edición do Galegote Rock, o festival de música en galego

A undécima edición do Galegote Rock, que se celebrará en Pontevedra os días 5 e 6 de maio, contará coa participación de catorce grupos e artistas que fan música en galego.
Fonte: Pontevedra Viva!
A plataforma Alingua pon en marcha unha campaña para promover o uso do galego

Vilagarcía acolleu a presentación da campaña «É túa. Pásaa!», unha iniciativa da plataforma Alingua para promover o uso do galego que inclúe unha webserie, entrevistas, un vídeo musical e diferentes accións de promoción desta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra editan unha guía para fomentar a reflexión da mocidade sobre a situación do galego

Baixo o título A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica. Propostas para a docencia, esta guía dirixida a docentes de secundaria ten como obxectivo impulsar unha reflexión crítica entre a mocidade respecto da situación social do galego.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta e a Fundación Castelao asinan un acordo para a instalación dunha sede no Gaiás onde realizar actividades divulgativas e culturais
A Xunta de Galicia e a Fundación Castelao veñen de ratificar un acordo polo que se cede a esta institución un espazo na Cidade da Cultura para a instalación dunha sede e a realización de actividades culturais e de divulgación ao redor da figura do creador e escritor de Rianxo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega difunde os guións do primeiro programa en galego da BBC

Estes guións que a RAG difunde na rede recollen as colaboracións de Francisco Fernández del Riego no Galician Programme, un espazo dedicado á cultura galega que emitiu a BBC entre 1947 e 1956.
Fonte: Galicia Confidencial
O Proxecto Nós intensifica o traballo pola inclusión do galego na intelixencia artificial

A Xunta de Galicia segue a traballar nun dos seus principais propósitos dos últimos anos, a inclusión da lingua galega nos ámbitos de aplicación da intelixencia artificial. Así o confirmou na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, onde compareceu a petición propia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase o lema da plataforma Queremos Galego para as manifestacións que se celebrarán o 17 de maio
«En galego, aquí e agora» será lo lema que presida as manifestacións previstas para o vindeiro 17 de maio nas principais vilas e cidades de Galicia e convocadas pola plataforma Queremos Galego, integrada por máis de 500 entidades.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócase a segunda edición de Ciencia Calidade, un concurso de monólogos científicos en lingua galega

O certame de monólogos científicos en galego Ciencia Calidade ten como obxectivo amosar a idoneidade desta lingua para transmitir ciencia, así como a calidade da investigación e da divulgación científica que se fai en Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín