Galicia
A Xunta apoia 85 proxectos para editar materiais didácticos curriculares en lingua galega

A Xunta destina 200 000 euros á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios este 2023. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, que acaba de publicar a resolución pola que se conceden estas subvencións aos 85 proxectos editoriais seleccionados.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de investigación

A Xunta acaba de convocar por un importe total de 261 360 € un total de 11 bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un encontro afondará no legado de Fernández del Riego na cultura galega
Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro un encontro no que se afondará no legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023 dende diversas perspectivas.
Fonte: Real Academia Galega
As vendas de libros en galego aumentaron un 6 % en 2022

Na inauguración da Feira do Libro da Coruña, que abriu as súas portas o 1 de agosto, participou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, quen salientou o bo momento do libro en galego, cun incremento superior ao 8 % na edición de exemplares nesta lingua e de case un 6 % nas vendas.
Fonte: Xornal da Coruña
A Universidade de Santiago de Compostela organiza cursos de galego para non galegofalantes
Dentro da oferta formativa para o primeiro semestre do curso 2023/2024 inclúense cursos de galego para non galegofalantes (niveis básicos A1 e A2) que están abertos a calquera persoa interesada maior de 16 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo abre o prazo para solicitar axudas aos mellores traballos académicos escritos en galego
Outorgaranse ata 600 euros para as mellores teses de doutoramento escritas en galego e ata 150 no caso dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Mestrado. Con esta iniciativa a Universidade de Vigo busca impulsar o uso desta lingua neste tipo de traballos.
Fonte: Universidade de Vigo
O cancelo #veránlingua recompilará recursos e recomendacións sobre a lingua galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua recompilará na súa conta de Twitter, por segundo ano, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos, campañas, xogos… baixo o cancelo #veránlingua.
Fonte: CTNL
Santiago de Compostela acollerá unha xornada centrada na relación entre toponimia e mundo dixital

A VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos celebrarase na Cidade da Cultura o vindeiro 21 de setembro e nela reuniranse algúns dos maiores especialistas en toponimia e cartografía de España para tratar a relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital.
Fonte: Real Academia Galega
Un total de 14 artistas celebran a música de raíz no Trad Fest
A praza da Quintana e o parque de Bonaval de Santiago de Compostela acollerán o Trad Fest cunha selección de voces da música de raíz dos panoramas galego e internacional. En total haberá 12 horas ininterrompidas de música, baile, tradición e vangarda.
Fonte: Cultura galega
Patrimonio Cultural autoriza o plan especial do concello de Vigo para construír a biblioteca do estado
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, informou favorablemente ao concello de Vigo sobre o plan presentado para a construción da nova biblioteca do estado na cidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín