Galicia

Galicia difunde a súa literatura medieval en Xapón a través do libro Convite para as Cantigas de Santa María

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do volume Convite para as Cantigas de Santa María, elaborado por Takekazu Asaka, profesor emérito da Universidade Tsudajuku de Toquio, co apoio da Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez salienta a importante contribución da Lei de normalización lingüística para garantir avances no uso do galego nos últimos 40 anos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, referiuse aos avances que a Lei de normalización lingüística de Galicia supuxeron para garantir que, 40 anos despois, “a lingua galega estea presente en todos os ámbitos”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e Galaxia convocan a XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que fomenta o debate e a reflexión sobre temas de actualidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa en que se presentaron as bases da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Caixa Rural Galega. O obxectivo deste certame, que homenaxea a figura deste intelectual, é impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre en lingua galega, así como fomentar o debate e reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A webserie Pringadas convértese na primeira serie orixinal en galego na plataforma Filmin

A webserie Pringadas, dirixida por Belén Piume, é a primeira serie creada en galego que se ofrece no catálogo da plataforma dixital Filmin, na que xa está dispoñible a primeira tempada.  

Fonte: Culturagalega

A Real Academia Galega e PuntoGal dan a coñecer as historias gañadoras no VI Concurso de microrrelatos

Nove historias resultaron gañadoras no VI Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, no que participaron máis dun milleiros de persoas con textos de ata 200 palabras.

Fonte: Real Academia Galega

Preséntase o Novo Testamento en lingua galega

Esta versión en galego do Novo Testamento é unha iniciativa promovida por Wycliffe Associates e executada por un grupo de tradutores galegos.

Fonte: Faro de Vigo

Camilo Nogueira e Carlos Varela reciben unha homenaxe polo seu impulso do galego no ámbito da xustiza

O político Camilo Nogueira e o xurista Carlos Varela recibiron a insignia de honra da Irmandade Xurídica Galega polo seu impulso da Lei de normalización lingüística e o seu traballo a prol desta lingua no ámbito xudicial.

Fonte: Nós Diario

A Real Academia Galega publica un volume dedicado á toponimia de Ribeira

Fernando Cabeza Quiles é o autor do volume Toponimia de Ribeira no que explica a orixe e o significado de máis de 200 nomes de lugar deste concello coruñés.

Fonte: Real Academia Galega

A Deputación da Coruña organiza un ciclo de actividades sobre a represión da lingua galega

A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades de concienciación lingüística, que inclúe debates e unha ruta guiada, co ensaio O libro negro da lingua galega como fío condutor. 

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta promove proxectos para fomentar o uso do galego en 858 centros cunha achega de 350 000 €

A Xunta de Galicia promove proxectos para fomentar o uso do galego durante este curso en 858 colexios e institutos sostidos con fondos públicos cunha achega de 350 000 €.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder