Galicia
Publícase un informe que cifra o impacto económico do galego nos 1440 millóns de euros

O valor económico do galego é o título deste documento pioneiro que, por primeira vez, mostra a contribución da lingua galega ao conxunto da economía de Galicia. Así, este informe cuantifica o seu impacto directo en 1440 millóns de euros de valor engadido bruto (VEB) e en 27 702 postos de traballo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Denuncian o incumprimento da Iniciativa Xabarín para o incremento da programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña para esixir o cumprimento da Iniciativa Xabarín, que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021.
Fonte: Galicia Confidencial
Ferrol acolle o acto de presentación do colectivo Brincarmos, cuxo obxectivo é promover o uso do galego na infancia
No acto de presentación do colectivo Brincarmos, que nace coa intención de favorecer o uso do galego na infancia, celebrarase o primeiro Día da Crianza Galegofalante e haberá un programa de actividades para as familias.
Fonte: Culturagalega.org
Margarita Ledo recibe o premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago
A profesora emérita convértese así na primeira muller en recibir este galardón nun acto que se celebrou no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia.
O Concello da Coruña organiza un espectáculo de maxia para fomentar o uso do galego no ámbito escolar
No marco do proxecto Falamos primaria, o espectáculo «Mil maxias máis», dirixido ao alumnado de primaria dos centros coruñeses, ten como obxectivos galeguizar o sistema educativo, crear espazos de uso para o galego na escola e fomentar o seu uso a través do xogo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase a quinta edición dos Premios Mil Primaveras que recoñecen as boas prácticas no ámbito da normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, unha nova edición destes galardóns destinados a proxectos de posta en valor e fomento do galego.
Fonte: Premios Mil Primaveras
Preséntase un espazo web de tradución literaria con textos galegos e a súa versión en inglés
Seara, Discover Galician literature through its texts, é un espazo web que ofrece unha selección de textos galegos na súa versión orixinal acompañados da súa tradución ao inglés.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Fillas de Cassandra recollerá o premio á Mellor Música do Ano 2022 en Galicia na oitava edición da gala aRi[t]mar
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa na que se anunciaron os detalles da Gala aRi[t]mar de música e poesía galego-portuguesas que, coa colaboración da Xunta, reunirá o vindeiro martes 10 de outubro no Auditorio de Galicia os galardoados e galardoadas nesta oitava edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
«O corno» convértese no primeiro filme en galego en gañar o máximo galardón do Festival de Cine de San Sebastián

O corno, unha longametraxe rodada en galego, vén de recibir a Cuncha de Ouro, un premio que constitúe un fito histórico para o audiovisual nesta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O enxeñeiro Francisco Fernández Dávila gaña o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta
O escritor e enxeñeiro Francisco Fernández Dávila vén de alzarse gañador da XVII edición do Premio Narrativa Breve Repsol pola obra súa obra Groenlandia, un certame que conta co apoio da Xunta de Galicia co fin de reforzar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín