Galicia
A Xunta presenta un “scape room” en galego para a mocidade que visitará 10 concellos da rede de dinamización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do “scape room” O circo do silencio, unha actividade dirixida especialmente á mocidade que pasará por 10 concellos galegos dentro da programación do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística impulsado pola Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Consello da Cultura Galega celebra o seu 40 aniversario

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou nun acto institucional o 40º aniversario da súa creación co que renovou o seu compromiso coa defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta lanza un ciclo de cine ao aire libre en galego que percorrerá 18 concellos rurais
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presentaron Redecinema, unha proposta de cine en galego ao aire libre coa que a Xunta de Galicia amplía a oferta de ocio para este verán dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A RAG e PuntoGal entregan os premios do VI Concurso de microrrelatos
A Real Academia Galega e PuntoGal entregan os premios do VI Concurso de microrrelatos a nove historias que proxectan o galego como idioma para todas as idades.
Fonte: RAG
A Xunta destaca o potencial dos espazos de lecer para transmitir unha imaxe positiva da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da XVI edición do curso de verán sobre dinamización lingüística Traballando en lingua, impulsado cada ano pola Universidade da Coruña (UDC) co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Inaugúrase na Cidade da Cultura unha mostra sobre o Seminario de Estudos Galegos

A exposición Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, comisariada polo historiador Ramón Villares, abriu as súas portas na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra aborda o nacemento e traballo do seminario desde a súa fundación en 1923.
Fonte: Cultura Galega
O Festigal programa unha gran noite de música en galego
A vixésimo primeira edición do Festigal, evento cultural organizado co gallo do Día da Patria Galega, contará no día 24 de xullo cunha gran noite de música en galego.
Fonte: Cultura Galega
As forzas con representación parlamentaria impulsan a xestión pública do Panteón de Galegos Ilustres
Un acordo entre as forzas con representación no parlamento permitirá que unha fundación administre publicamente o Panteón de Galegos Ilustres, actualmente en propiedade arcebispal.
Fonte: Cultura Galega
A Xunta recoñece oito centros polas súas accións innovadoras de fomento do uso da lingua galega

A Xunta de Galicia acaba de resolver o programa de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística correspondentes ao curso 2022/2023, coa selección de oito centros que destacan polas súas propostas innovadoras para o fomento do uso da lingua galega, sobre todo entre a mocidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa se coñecen os traballos gañadores dos premios “Nós tamén creamos!”

Centros educativos de Ames, Ponteareas e Allariz resultaron gañadores da XI edición de “Nós tamén creamos!”, un certame que busca fomentar a creatividade en galego e o uso das TIC entre o alumnado de educación infantil e primaria.
Fonte: CRTVG
Boletín
Subscríbase ao boletín