Galicia

Un novo volume publicado pola Real Academia Galega analiza como incide o xénero no uso e na transmisión do galego

O volume Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión analiza como inflúe o xénero no uso e na transmisión do galego, unha cuestión á que, ata o momento, non se lle prestara moita atención dende a sociolingüística.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia coa convocatoria dos premios de podcast Xosé Mosquera ‘O vello dos contos’

A Xunta conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia colaborando un ano máis cos Premios de podcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", convocados en colaboración co Instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ames acolle a gala do certame Galetiktokers na que se premiaron as mellores pezas audiovisuais en galego presentadas

O IV Certame Galetiktokers, organizado polo Concello de Ames, premiou seis vídeos, dos 51 presentados a esta edición, en dúas categorías: 13-16 anos e máis de 17. O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creación de audiovisuais en galego e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.

Fonte: Concello de Ames

Máis de trinta representantes de entidades de diferentes ámbitos asinan unha carta a prol da oficialidade do galego na UE

A Mesa pola Normalización Lingüística promove unha carta aberta, dirixida aos Estados membros, para solicitarlles que voten afirmativamente para que o galego sexa considerado lingua oficial das institucións comunitarias.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta recupera unha publicación de 1978 dedicada ao Seminario de Estudos Galegos no marco das accións para celebrar o seu centenario

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos. Estudo introdutorio e edición facsimilar, publicado pola Xunta de Galicia no marco da conmemoración do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ames entrega os premios Lingua e Empresa correspondentes á súa sexta edición

As empresas galardoadas foron Nós Televisión, na categoría de uso consolidado da lingua galega, e o establecemento hostaleiro O Transistor, na categoría de nova incorporación á lingua.

Fonte: Concello de Ames

A Xunta incentiva a oratoria en galego entre a mocidade na entrega do I Premio de Podcast Ramón Otero Pedrayo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do I Premio de oratoria en formato podcast Ramón Otero Pedrayo, convocado pola Asociación de Amigos Otero Pedrayo co apoio da Xunta de Galicia e da cooperativa agroalimentaria Coren.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta colabora na edición da guía didáctica sobre Frei Martín Sarmiento que lle achega a figura do primeiro filólogo galego á rapazada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da guía didáctica sobre Frei Martín Sarmiento, elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), o centro de investigación mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega anima a empregar o galego no Congreso

A RAG anima, nunha declaración institucional, as deputadas e deputados galegos a empregar a lingua galega na súa actividade parlamentaria.

Fonte: Galicia Confidencial

Estréase unha serie documental sobre as mulleres das Irmandades da Fala

Irmás na Fala é o título da serie web que produce a Real Academia Galega, co apoio económico do Concello da Coruña, na que se reivindica o papel das mulleres na defensa da lingua e a cultura galegas.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder