Galicia

Falece Dorothé Schubarth, autora do "Cancioneiro popular galego"

Falece aos 80 anos a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, figura fundamental na recuperación e difusión do patrimonio musical de Galicia. Foi autora do Cancioneiro popular galego coa axuda do filólogo Antón Santamarina.

Fonte: Nós Diario

A Xunta visibiliza en Alemaña a obra de grandes escritoras galegas de diferentes épocas, desde Pardo Bazán a Luz Pozo Garza

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Voces da terra. Seis poetas galegas e Erzählungen (1823-1920), dous volumes coordinados por Javier Gómez-Montero, responsable do Centro de Estudos Galegos da Xunta en Kiel (Alemaña).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase o VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro para promover novos autores e autoras en lingua galega

Este galardón ten como obxectivos a promoción de novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil e a homenaxe ao veciño do concello da Pobra do Caramiñal Xosé Carlos Mosteiro Fraga.

Fonte: Editorial Galaxia

Lourenzá acolle un curso sobre Fernández del Riego co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do curso «Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX», impulsado pola Real Academia Galega (RAG), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello de Lourenzá co apoio da Xunta de Galicia, entre outras entidades.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca novas probas Celga para os niveis 2, 3 e 4 na segunda quincena de novembro

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Portal da Lingua Galega a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ames presenta a programación do programa Apego de fomento da transmisión do galego

Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro desenvolveranse as actividades en galego que compoñen a programación infantil con Apego, entre as que se inclúen xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais e teatrais, maxia ou cinema.

Fonte: Concello de Ames

“O Corno” convértese no primeiro filme en galego en optar á Concha de Ouro no Festival de Cine de San Sebastián

Por primeira vez un filme en galego opta á Concha de Ouro deste prestixioso festival internacional, que chega á súa 71 edición. Trátase da longametraxe O corno, dirixida por Jaione Camborda.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Santiago de Compostela organiza dous obradoiros de acollemento lingüístico

Estes dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) están dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas. Terán unha duración de 36 horas distribuídas en dúas sesións semanais.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes convoca un curso de galego

Este curso de galego de 40 horas de duración, deseñado para preparar as probas Celga, prolongarase dende o 20 de setembro ata o 15 de novembro de 2023.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócase unha nova edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe

A AGAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas, abriu a convocatoria do V Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2023-2024, ao que deberán presentarse obras orixinais e inéditas en lingua galega.

Fonte: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder