Galicia
A RAG designa "cibercarracho, -a" como Palabra do Ano 2023

A Real Academia Galega vén de facer pública a Palabra do Ano 2023 que será "cibercarracho, -a", un neoloxismo de recente creación que tira do humor para designar os virus ou actos delituosos de índole informática. "Cibercarracho, -a" é a décima palabra do ano en galego desde que se celebra a votación popular promovida polo Portal das Palabras.
Fonte: RAG
O Centro de Linguas Modernas da USC convoca os seus cursos de linguas para o segundo semestre
O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela publicou a convocatoria de cursos de linguas para o segundo semestre do curso 2023-2024 nos campus de Santiago e Lugo. Están dirixidos a alumnado e persoal da USC e a calquera persoa interesada maior de 16 anos.
A Xunta e a USC lanzan unha campaña de doazón de voz para recoller as variedades fonéticas e dialectais de Galicia e enriquecer o Proxecto Nós

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela presentaron a campaña AgasallaNós de doazón de voz para o Proxecto Nós. Trátase dunha iniciativa que permitirá recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O escritor lucense Lois Pérez gaña o VI premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
O mestre, poeta, escritor e guionista lucense, Lois Pérez, venceu o sexta edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e a editorial Cuarto de Inverno polo seu libro Cartas de Inverno.
Fonte: Cultura Galega
Convócase o II Premio de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”

Este galardón, que convoca a Asociación Amigos de Otero Pedrayo en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dirixido a alumnado de entre 15 e 23 anos e ten como obxectivo incentivar as habilidades comunicativas orais e unha expresión correcta en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Santiago celebra a Festa do Apego con actividades para a socialización en galego da infancia
A nova edición da Festa do Apego inclúe na súa programación contos, música, xogos e outras propostas para que nenas e nenos poidan gozar e socializar en galego durante todo o día.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publica os vídeos da última edición do LGx15
A novena edición do LGx15, un proxecto para compartir argumentos e experiencias para influír no futuro do galego, celebrouse en Pontevedra o pasado 28 de outubro. Os vídeos das diferentes charlas desta iniciativa iranse publicando de aquí a final de ano na canle de Youtube da CTNL.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación de Pontevedra publica as axudas a entidades para organizar actividades de promoción do galego
A listaxe de axudas convocadas pola Deputación de Pontevedra inclúe as entidades culturais beneficiarias da provincia para que desenvolvan actividades de promoción do galego durante o ano 2023.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha campaña promoverá o uso do galego no comercio local de Narón

O Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes do municipio organizan un obradoiro no marco da campaña Narón gaña co galego, que ten como obxectivo promover o uso do galego no comercio local.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O novo número de Cadernos de Lingua inclúe un traballo sobre a velocidade de lectura en galego
O novo número de Cadernos de Lingua, que xa está dispoñible para a súa descarga na sección de publicacións da Real Academia Galega, aborda temas como a velocidade de lectura en galego ou as perífrases temporais no galego oral contemporáneo, entre outros.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín