Galicia
Os cursos de verán «Galego sen Fronteiras» e a iniciativa «Ponte...nas ondas!», entre os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2023
Esta é a relación de galardoados nos Premios da Cultura Galega 2023: «Ponte ...nas Ondas!», na categoría de Lingua; os cursos de verán «Galego sen Fronteiras», na categoría de Proxección Exterior; Yolanda Castaño, na categoría de Letras; o Museo do Gravado á Estampa Dixital, na categoría de Artes Visuais; PistaCatro, na categoría de Artes Escénicas; a banda de música Unión de Guláns, na categoría de Música; Portocabo, na categoría Audiovisual; e Eduardo Pardo de Guevara, na categoría de Patrimonio Cultural.
Fonte: Galicia Confidencial
Un hotel celanovés crea un premio de poesía en lingua galega
O Hotel Acouga de Celanova caracterízase pola súa implicación coa divulgación da historia patrimonial e cultural da vila. Proba disto, é a creación do Premio de Poesía Acouga Casa dos Poetas, ao que deberán presentarse textos escritos en lingua galega.
Fonte: La Voz de Galicia
A Universidade de Santiago organiza un curso de habilidades comunicativas
O Curso de Habilidades Comunicativas está dirixido ao alumnado que vai redactar ou defender en galego traballos académicos de curso, de fin de grao, de fin de mestrado ou teses.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Ribeira e a Mesa pola Normalización Lingüística traballarán conxuntamente no fomento do uso do galego
Membros da corporación municipal de Ribeira e da Mesa pola Normalización Lingüística mantiveron unha reunión para realizar unha posta en común das necesidades e posibles vías de colaboración para a promoción do galego.
Fonte: Diario de Arousa
As axudas á tradución da Xunta de Galicia repartiranse entre 89 proxectos editoriais
As axudas á tradución repartirán un total de 187 024 euros entre 89 proxectos editoriais que facilitarán a translación desde e para o galego.
Fonte: Culturagalega.org
Celébrase unha nova edición do CeibaRimas, un encontro de improvisación oral en galego

Big Meu foi o gañador da edición de 2023 do CeibaRimas, celebrada en Santiago de Compostela e que congregou a máis de 250 persoas.
Fonte: Galicia Confidencial
A Deputación da Coruña publica as bases da convocatoria de axudas aos servizos municipais de normalización lingüística da provincia
Esta convocatoria de subvencións está dirixida aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2024.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Publícase o decreto de creación do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade
O DOG do 10 de outubro recollía o Decreto 134/2023, do 28 de setembro, polo que se crea e se regula o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano colexiado de asesoramento, colaboración institucional e participación social en materia de lusofonía.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello da Coruña organiza unha nova edición do programa de dinamización lingüística «Falamos secundaria»
«Falamos secundaria» é un programa de dinamización lingüística dirixido aos centros de secundaria públicos municipais e ten como principais obxectivos crear espazos de uso para o galego e promover actitudes favorables cara a esta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase unha nova edición do Concurso de relato oral Tíralle da Lingua
Este certame, impulsado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego e contribuír a que se converta en instrumento de comunicación e creación de historias no ámbito educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín