Galicia

Convócanse cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal da Administración pública

A Escola Galega de Administración Pública oferta en total vinte e sete cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior), todos na modalidade de teleformación.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O actor Viggo Mortensen apoia a campaña de fomento do galego #Aquítaménsefala

A campaña ‘Aquí tamén se fala’, impulsada polo IES Rafael Dieste da Coruña, conseguiu o apoio do actor Viggo Mortensen quen nun vídeo expresou a súa defensa do galego.

Fonte: Xornal da Coruña

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a edición de publicacións periódicas en galego

Esta convocatoria de axudas, correspondentes ao ano 2024, están destinadas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O programa de dinamización lingüística da Xunta "21 días co galego e +" chega por primeira vez aos centros de educación infantil

O programa de dinamización lingüística da Xunta «21 días co galego e +» bota a andar a súa VI edición cunha novidade principal, a incorporación dos centros de Educación Infantil como participantes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócanse as axudas para a tradución do libro galego

A Xunta de Galicia convoca axudas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A norteamericana Lindsay Semel traducirá ao inglés a novela No ventre do silencio de Méndez Ferrín

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Residencia Literaria 1863 veñen de resolver a bolsa para a IV edición da Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña publica as axudas para a distribución de audiovisual en galego na provincia

Esta convocatoria de subvencións está destinada a empresas audiovisuais para o apoio á distribución, comercialización e exhibición audiovisual en galego na provincia da Coruña durante o ano 2024.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta abre o prazo para apoiar os equipos de dinamización da lingua galega nos centros de ensino

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso da lingua galega nos centros de ensino regrado non universitario para o curso escolar 2023/24 cunha dotación económica conxunta de 385 000 €.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca as probas para avaliar competencias clave en matemáticas e linguas dunhas 4000 persoas

A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia (DOG) as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados profesionais que requiren deses requisitos académicos. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Secretaría Xeral de Emigración promove o uso da lingua galega no mundo cun novo curso en liña

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia promociona un ano máis o uso do galego cun novo curso en liña destinado aos preto de 150 países do mundo onde hai galegas e galegos.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder