Galicia
A Xunta creará o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade para reforzar os lazos entre Galicia e o mundo lusófono
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a creación do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade co obxecto de revalorizar o galego a nivel internacional e reforzar as relacións co mundo lusófono, que tal e como lembrou conecta a través da fala unha comunidade de máis de 270 millóns de persoas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Rinoceronte Editora publica dous novos dicionarios en liña

Trátase do Dicionario Latín-galego, con máis de 24 000 entradas, e dun Dicionario Etimolóxico, que inclúe 4000. Ademais, ampliaron e melloraron o Dicionario Castelán-Galego, que xa estaba dispoñible na rede.
Fonte: CulturaGalega.org
O Concello de Ames presenta a cuarta edición do certame Galetiktokers

O concurso Galetiktokers ten como obxectivo estimular a creatividade entre a mocidade, incentivar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas, e darlle visibilidade á comunidade galega na rede social TikTok.
Fonte: Concello de Ames
Xa está en marcha a nova edición do Club de Debate Alingua
O Club de Debate Alingua é un proxecto colaborativo, promovido por dez concellos galegos, que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e o IES Arcebispo Xelmírez I celebran o Día Europeo das Linguas cun recitado multilingüe
A Xunta de Galicia celebrou o acto central polo Día Europeo das Linguas. Un evento no cal participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que estivo acompañado polo alumnado e profesorado do Instituto IES Arcebispo Xelmírez I, que recitaron 10 poemas de distintos autores europeos nas súas respectivas linguas, desde Fernando Pessoa a Pedro Salinas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro Dramático Galego recibe unha ducia de directores teatrais de sete países para promover a diversidade lingüística e cultural de Europa
O Centro Dramático Galego reúne na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, unha ducia de directores escénicos chegados de sete países para asistir a un dos encontros do proxecto europeo Phone para poñer en valor a diversidade lingüística e cultural de Europa a través do teatro.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta presenta un dicionario bilingüe galego-italiano en liña co gallo do Día Europeo das Linguas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do Dicionario galego-italiano Galita, o primeiro dicionario bilingüe en liña que permite a conversión directa entre estas dúas linguas románicas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase unha nova edición do certame «Nós tamén creamos!»

A Xunta de Galicia, coa colaboración da CRTVG e Oqo Editora, convoca unha nova edición do certame «Nós tamén creamos!» para a elaboración de curtametraxes en galego co obxectivo de fomentar a creatividade nesta lingua e o uso das TIC entre o alumnado de infantil e primaria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase unha nova edición do proxecto Youtubeiras que premia a creación na rede de contidos en galego
Pontevedra acolleu a presentación da sétima edición de Youtubeiras, que este ano ten como lema «Rede aberta, Rede diversa». Os galardóns repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías.
Fonte: Galicia Confidencial
Xa está aberta a convocatoria para participar nos programas de promoción do galego do Plan Proxecta+
A Xunta de Galicia publicou o regulamento do Plan Proxecta+ destinado aos centros educativos, ao abeiro do que se organizarán varios programas relacionados directamente coa promoción da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín