Galicia
Convócase a terceira edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”
O Concurso de Poesía en Lingua Galega “Xaquina Trillo”, que convoca a Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa, está destinado ao alumnado da ESO.
Fonte: Diario de Arousa
O festival Go!Go!Zo! pechará a súa terceira edición reunindo preto de 500 amantes da música no Monte do Gozo

A terceira edición do Festival Go!Go!Zo!, que conta cada ano co apoio da Xunta de Galicia, porá o broche a case catro meses de actividades culturais tras reunir preto de 500 amantes da música no Monte do Gozo os vindeiros 23 e 24 de setembro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Mos organiza un ciclo de cine en lingua galega
No marco deste ciclo de cine en galego proxectaranse no Centro Dotacional do Troncoso tres filmes de éxito: As bestas, O corpo aberto e Matria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo organiza unha xornada sobre videoxogos en galego

A xornada, que leva por título «Voute preservar, miñoca!», está pensada especialmente para a mocidade aínda que haberá tamén actividades dirixidas ás familias.
Fonte: Universidade de Vigo
A iniciativa «Proxector: audiovisuais en galego para a docencia» ofrece unha escolma de vídeos sobre física

«Escolma para ver e escoitar física» é o título da nova entrega de Proxector, iniciativa do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que ofrece nun espazo web recursos audiovisuais en galego de diversas materias.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta reforza os lectorados da rede de centros de estudos galegos coa incorporación de nove docentes
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu no Pazo de San Roque, a sete dos nove lectores de lingua e cultura galegas que inician a súa actividade nos Centros de Estudos Galegos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O galego figura entre as linguas presentes no Vocabulario panlatino do rugby

O Vocabulario panlatino do rugby – linguas romances e éuscaro é unha nova obra lexicográfica que inclúe as correspondencias léxicas en galego e outras oito linguas de máis de 200 termos relacionados con este deporte.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega presenta nun congreso na Coruña o proxecto ‘Modo galego, actívao’

A Real Academia Galega presentou no XVI Congreso Internacional de Antropoloxía, que se celebrou na Coruña, o proceso de deseño e posta en marcha de ‘Modo galego, actívao’, un proxecto para desenvolver accións de dinamización lingüística en espazos comunicativos fóra das aulas.
Fonte: Real Academia Galega
Fanse públicas as empresas galardoadas polo seu emprego do galego nos Premios Bacelos de Prata

Os Premios Bacelos de Prata, que entrega a Asociación Álvaro das Casas, teñen como obxectivo recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos. As entidades galardoadas nesta edición de 2023 son as seguintes: a Adega Tapias Mariñán e a sociedade de gandeiros galegos Leite Noso.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A rede de escolas Semente presenta un documental sobre o ensino en lingua galega
O documental Aprender na língua própria. Das Escolas de Ensino Galego à Semente, producido por Aqueladas S. Cooperativa e cofinanciado pola Deputación da Coruña, afonda na historia do ensino en inmersión en lingua galega, desde os tempos das Irmandades da Fala até hoxe.
Fonte: Nós Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín